16 de xullo, Día das Xentes do Mar 2026

  • A Igrexa invita a mirar a realidade das xentes do mar con esperanza e compromiso
  • A mensaxe deste ano pon a María como modelo de acollida e esperanza para o mundo marítimo: «María, nai mariñeira, fai de nós unha barca aberta a todos»

O 16 de xullo celébrase o Día das Xentes do Mar, coincidindo coa festa da súa patroa, a Virxe do Carme. «María, nai mariñeira, fai de nós unha barca aberta a todos», é o lema deste ano.

O departamento «Stella maris» (Apostolado do Mar), dentro da Subcomisión Episcopal para as Migracións e a Mobilidade humana, é o encargado de editar os materiais para esta Xornada.


Mensaxe do bispo promotor do Apostolado do Mar

Co lema «María, nai mariñeira, fai de nós unha barca aberta a todos», o bispo promotor de Apostolado do Mar, monseñor Antonio Valín, bispo de Tui-Vigo, proclama con especial forza na súa mensaxe para este día que María é a esperanza para a xente do Mar.

Por iso, subliña: «Sexamos todos e todas barca aberta, dispoñible, acolledora, próxima a toda persoa. Ter un corazón comprometido que non quede na mirada, que dea un paso adiante, que se implique de verdade». Neste sentido, na mensaxe lembra ao papa Francisco cando afirmaba que estamos chamados a ser «unha Igrexa en saída, centrada na persoa por encima da lóxica puramente económica ou loxística, e presente nas periferias humanas». É a Igrexa que sae ao encontro achegándose ás fronteiras, tamén ás invisibles fronteiras do mar. E é a Igrexa que nos lembra que o importante son as persoas, todas, as que traballan no mar e as que quedan en terra.

O bispo promotor constata que hai moitos retos no mundo do mar. Segundo a FAO, máis de mil millóns de persoas dependen do peixe como fonte principal de proteínas. «Sabemos que o gran reto non é só técnico ou económico; o gran reto é humano. Porque non basta con barcos máis seguros ou roteiros máis eficientes se non coidamos ás persoas que fan posible todo iso», explica no texto.


Actos en Mondoñedo-Ferrol

Na nosa diocese, o bispo García Cadiñanos presidirá, en Cariño, o mércores 15 (19:00 horas), a eucaristía e a procesión de baixada da Virxe desde a parroquia ata o porto, onde se celebrará e misa; en Ferrol, a ofrenda e a procesión marítima do xoves 16 en Ferrol, en colaboración coa Armada, a Autoridade Portuaria e a Confraría de Pescadores; e o día 26, en Celeiro (Viveiro), participará na procesión marítima pola ría. Previamente, o día 9 en Foz, presidirá a eucaristía dentro da novena á Virxe.

O mércores 15 de xullo, en Ferrol, a imaxe da Virxe sairá en procesión da igrexa castrense de San Francisco. Alí oficiarase unha eucaristía ás 19:00 horas e o cortexo partirá unha hora despois, percorrendo a glorieta de Alfredo Martín e a rúa Emilio Antón. No lugar do Campo de San Roque, deterase para que as relixiosas das Escravas do Santísimo Sacramento lle dediquen unha peza musical. Despois dirixirase ao Arsenal, entrando ao recinto pola Porta do Parque. Xunto ao peirao militar realizarase a tradicional ofrenda e o paso da Nosa Señora do Carme permanecerá no interior da Sala de Armas ata o día seguinte.

Na capela do Carme das Pontes, o sábado 11 (19:30 horas), o bispo diocesano predicará na novena á Virxe.

En Foz, o martes 7 comezará a novena á Virxe do Carme (20:00 horas), o 14 terá lugar a lectura do pregón (ao rematar a novena) e o 16 a festa coa celebración da eucaristía e procesión presididas polo vigairo xeneral da diocese (12:00 horas).

En Burela, o 16 de xullo celebrarase a eucaristía na igrexa parroquial de Santa María para, a continuación, desenvolver a procesión na honra da Virxe do Carme.

En Lieiro (Cervo), o 15 de xullo celebrarase ás 20:00 horas a eucaristía na igrexa parroquial, coa baixada e procesión ata o peirao. Ao día seguinte, eucaristía ás 12:00 horas e procesión ata a igrexa parroquial.


Materiais oficiais

Cartel (Galego)
Cartel (Español)
Mensaxe dos bispos


Tamén che pode interesar

Delegación diocesana de Pastoral del Mar
Subcomisión episcopal para las Migraciones y la Movilidad humana

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas