1ª Xornada Diocesana de Pastoral Penitenciaria: «Tratade aos presos como si vós mesmos estiverdes presos con eles»

A delegación diocesana da Pastoral Penal ven de convocar a 1ª Xornada Diocesana de Pastoral Penal, unha xornada especial de convivencia que se desenvolverá o sábado 22 de xuño na parroquia de San Paulo de Catabois de Ferrol, baixo o lema «Tratade aos presos como si vós mesmos estiverdes presos con eles (HB 13,3).

O programa oficial contempla os seguintes horarios:

10:00 h. Acollida e saúdo aos participantes.
10:30 h. Presentacións con diálogos persoais.
11:00 h. Primeira sesión: Situación da realidade actual. Proxexto.
12:00 h. Acción grupal.
12:30 h. Descanso.
13:00 h. Posta en común con diálogo.
14:00 h. Almorzo compartido e intercambio de experiencias persoais.
15:00 h. Acción de grazas comunitaria.
16:00 h. Despedida.

Segundo explica Xaquín Campo, o consiliario da delegación, «no cárcere están os pobres. Os nosos pobres. Os máis pobres. Máis dun corenta por cento teñen problemas de tipo psiquiátrico que non foron diagnosticados nin tratados a tempo e o cárcere só agrava a situación». E pregúntase: «É o cárcere o lugar adecuado? Son delincuentes ou enfermos? Podemos facer algo».

Como foi variando este fenómeno na historia ata chegar a aberracións humanas que se veñen usando xa desde hai tempo? Esta noticia é frecuente nos medios (elDiario.es Galicia- 26 de setembro de 2023). Entra en Google. Mira as fotos. A que mundo imos?: “Frente a la costa de Fisterra (A Coruña) está desde el pasado domingo un enorme barco que está transportando dos estructuras de gran tamaño hacia Ámsterdam. Son dos edificios flotantes preparados para que vivan en ellas casi 1000 personas. Una plataforma muy parecida de la misma empresa es la que Reino Unido atracó en la costa sur del país este verano para enviar allí a centenares de solicitantes de asilo y retenerlos mientras esperan solicitud, motivo por el que ha sido descrita como una prisión flotante. La mole resulta llamativa en su refugio en la ría de Corcubión, en donde pidió permiso para fondear ante la previsión de mal tiempo. Está a la espera de que las condiciones en el mar mejoren para cruzar el Canal de la Mancha”.

Queres vir? Contamos coa túa presenza. Comeremos xuntos. Compartiremos o que levemos como fan as familias que van visitar aos seus ao cárcere. Son pobres. Podemos facer algo.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas