20 alumnos da facultade de Humanidades de Ferrol visitan o arquivo diocesano e a biblioteca do Seminario

A diocese vén de firmar un convenio de colaboración coa universidade para a realización de prácticas no arquivo da Domus Ecclesiae

O pasado venres 15 de novembro un grupo de vinte alumnos da facultade de Humanidades e Documentación de Ferrol, que actualmente cursan os seus estudos nos graos de Información e Documentación, Humanidades e Máster en Arquivos, Bibliotecas e Museos, no campus de Esteiro, visitaron o arquivo diocesano e a biblioteca do Real Seminario de Mondoñedo, así como o recentemente inaugurado Museo da Imprenta, que xestiona o concello de Mondoñedo.

A visita estivo organizada conxuntamente polos responsables dos arquivos e das bibliotecas da diocese, Félix Villares (Mondoñedo) e Carlos Alonso (Ferrol), e a profesora responsable da Universidade da Coruña, Rocío Ameneiros, quen acompañou aos alumnos durante a xornada.

A xonada comezou cedo, cunha viaxe en autobús desde o campus ata as inmediacións do Seminario, onde xa os esperaban os arquiveiros da diocese. Pronto os introduciron na historia do edificio cunha visita previa polas súas dependencias principais. A biblioteca foi a primeira parada, onde os xóvenes puideron contemplar os incunables e demáis xoias bibliográficas que a diocese conserva baixo estrictas medidas de seguridade e temperatura. De alí partiron cara o arquivo da catedral, onde se conserva o documento máis antigo da diocese, do ano 871. O arquivo diocesano, que conserva a meirande parte da documentación das 422 parroquias do bispado, resultou de grande interese para os alumnos, segundo as súas impresións ao finalizar o percorrido.

Pasado o mediodía, o grupo achegouse ata a catedral da Asunción, que celebra estes días os 800 anos de historia. O responsable de mantenemento e experto campaneiro, Valentín Ínsua, mostroulles espazos que ás veces pasan desapercibidos para moitos visitantes e permitiulles disfrutar desde moi preto do rosetón, das inmensas campás e dos segredos que agochan a sala capitular ou a biblioteca. Ademáis, un músico que estaba de paso pola cidade interpretou para eles una peciña de trompeta. 

Xa pola tarde, o grupo desprazouse cara o Centro de Interpretación da Imprenta, situado nos baixos do edificio da Casa dos Coengos. Alí asistiron con moita atención ás explicacións do impresor Fernando López González, herdeiro de Sucesores de Mancebo, quen excepcionalmente fixo de guía polas novísimas dependencias.

A diocese asinou recentemente un convenio coa Universidade da Coruña-UDC para que os alumnos do grao en Información e Documentación (antes Biblioteconomía e Documentación) poidan realizar as súas prácticas no arquivo administrativo-xestión e na hemeroteca da revista Estudios Mindonienses, cuxos fondos se conservan no edificio da Domus Ecclesiae de Ferrol. A alumna Saray Díaz Canosa, estudante de 4º curso do grao, está a realizar desde o pasado mes de outubro as súas prácticas curriculares na institución.
 

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas