- Os participantes asistirán á vixilia nacional e á celebración do Corpus
- O bispo Fernando García presidirá en Ferrol o 2 de xuño unha vixilia de oración co gallo da visita do papa a España
A diocese de Mondoñedo-Ferrol ultima os preparativos para participar nos actos con motivo da visita do papa León XIV a España. Un total de 56 mozos e mozas diocesanos partirán o vindeiro venres 5 de xuño cara a Madrid para sumarse aos principais encontros programados co pontífice.
O grupo asistirá á vixilia de oración con mozos de toda España, prevista para o sábado nas inmediacións do Paseo da Castellana, así como á celebración eucarística do Corpus Christi, que terá lugar o domingo 7 de xuño. Unha vez completado o programa, os participantes regresarán á diocese.
A viaxe foi organizada pola delegación de Pastoral Xuvenil, que viu cumpridas as expectativas de participación. Entre os inscritos atópanse tanto mozos habituais das actividades diocesanas como un grupo de menores autorizados polas súas familias. Xunto a eles viaxarán tamén os seminaristas diocesanos.
Durante a súa estadía en Madrid, o grupo aloxarase na parroquia de San Germán, situada nas proximidades do lugar de celebración dos actos. A organización do desprazamento realizouse en coordinación co Departamento de Xuventude da Conferencia Episcopal Española.
A esta representación diocesana sumarase a presenza dunha vintena de mozos e mozas do Colexio Tirso de Molina de Ferrol, que participarán na peregrinación organizada polos padres mercedarios. Tamén viaxarán un grupo de fregueses da UPA O Valadouro, xunto coas relixiosas das Hijas de la Virgen de los Dolores, así como un grupo de mozas do Grupo de Fieis de Cristo Rey de Ferrol.
Xornada diocesana de oración, o 2 de xuño en Ferrol
Con motivo desta visita apostólica, a diocese convocou unha xornada de oración o vindeiro 2 de xuño. Nunha carta pastoral dirixida aos fieis, o bispo invita a todas as comunidades parroquiais e relixiosas a organizar celebracións e momentos de oración polos froitos pastorais da viaxe do Santo Pai, en sintonía coa iniciativa promovida a nivel estatal. Monseñor García Cadiñanos presidirá a eucaristía ás 20:00 horas na igrexa do Carme de Ferrol. A continuación, terá lugar unha vixilia de oración ante o Santísimo.
Máis información na web oficial da visita








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















