- A xornada, baixo o lema «Incluso un só destes pequenos», terá lugar no Seminario de Mondoñedo o sábado 26 de setembro e culminará cunha eucaristía na catedral
- «Porque todos somos irmáns» (Mt 25, 40), esta é unha oportunidade valiosa para poñer en práctica a acollida e a solidariedade cristiá
A Diocese de Mondoñedo-Ferrol, a través da súa Delegación de Migrantes, Refuxiados e Trata, convócanos a un novo Encontro con Migrantes e Refuxiados no marco da Xornada Mundial do Migrante 2026. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar a acollida, a integración e o diálogo coas persoas migrantes. A xornada desenvólvese baixo o lema elixido polo papa León XIV para a celebración deste ano: «Incluso un só destes pequenos» (Mt 25, 40).
Segundo os organizadores, «estamos convidados todos os membros da comunidade cristiá que desexemos fomentar a cultura do encontro nunha sociedade cada vez máis polarizada. Non se trata de realizar un encontro de migrantes, senón de vivir un encontro con migrantes. O que se busca é ser capaces de establecer pontes e espazos de diálogo e de coñecemento mutuo».
O acto terá lugar no Seminario de Mondoñedo o sábado 26 de setembro. Estableceranse rutas de autobús para achegar ás persoas interesadas. É necesario inscribirse previamente para unha mellor organización. Para iso, basta con achegarse á parroquia onde informarán adecuadamente ou escribir ao correo electrónico migrantes@mondonedoferrol.org
Horarios de autobuses/teléfonos
Comarca de Ferrolterra
08:45 h. Caranza enfrente de Correos
08:55 h. Parada de Correos Ferrol
09:05 h. Colegio Mercedarias
09:15 h. Farmacia del Alto del Castaño
Persoa responsable: 616 28 18 11 (Toyi)
Zona de Viveiro-Xove
08:45 h. Estación de autobuses de Viveiro
08:50 h. Celeiro
09: 00 h. Xove
Persoa de contacto: 675 807 592 (Suso)/ 633 156 257 (Alejandro)
Zona Cervo-Burela-Cordido
09:00 h. S. Ciprian
09:10 h. Burela
09:15 h. Cangas
Persoa de contacto: 600 49 81 49 (María José)
Zona As Pontes-Vilalba
09:00 h. As Pontes
09:30 h. Vilalba (frente al asilo)
Persoa de contacto: 600 64 48 89 (Manoly)/ 620 31 95 80 (Nelson)
Programa da xornada e invitación á diocese
A xornada comezará ás 10:30 horas cun momento de acollida, ao que seguirá unha oración interrelixiosa. Tras a mesma, os nenos e mozos separaranse para realizar actividades adaptadas á súa idade. Os adultos reflexionarán en talleres sobre a realidade dos menores nos procesos migratorios e a necesidade dun coidado especial cara a eles. Ofreceranse tamén cauces adecuados para dito coidado. Habará tamén a oportunidade de realizar un círculo de silencio na Praza da Catedral, como xesto reinvindicativo en favor dos dereitos das persoas migrantes.
Tras o xantar no propio Seminario, terá lugar a celebración eucarística na catedral de Mondoñedo, presidida polo bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos, que tamén é presidente da Comisión Episcopal de Migracións e Mobilidade Humana da Conferencia Episcopal.
A xornada está deseñada como un espazo de convivencia e enriquecemento mutuo. Non só será un momento para a reflexión sobre a importancia da hospitalidade e a xustiza social, senón que tamén incluirá momentos para a interacción e a alegría compartida.
Desde a Delegación de Migrantes anímase a toda a comunidade diocesana, movementos, parroquias e persoas de boa vontade a participar neste día de encontro. Especialmente invítase a todos os migrantes e ás súas familias presentes na diocese. «Porque todos somos irmáns» (Mt 25, 40), esta é unha oportunidade valiosa para poñer en práctica a acollida e a solidariedade cristiá.
DESCARGA
Mensaxe do papa León para a Xornada Mundial do Migrante 2026
Cartel español
Cartel galego
Mensaje de los obispos
Revista «Migraciones» (2026)
Subsidio litúrgico-PDF
Subsidio monitor-PDF










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















