Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 18 de setembro de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Cristóbal Rivas, sacerdote diocesano
Hoxe conversamos co sacerdote diocesano Cristóbal Rivas, que tras nove anos á fronte das parroquias do Vicedo, Ourol e Mañón inicia unha nova etapa pastoral nas Pontes, despois de ser nomeado polo bispo para incorporarse a esta UPA. A súa marcha provocou unha importante mostra de afecto por parte dos fregueses, que mesmo promoveron unha recollida de sinaturas para pedir a súa continuidade. Nesta entrevista falaremos de como recibiu o cambio de destino, de que significou para el o cariño da comunidade e de como afronta este novo reto, marcado pola ilusión e o compromiso de seguir ao servizo da Igrexa e dos fieis.
Para pensar: «Non somos rivais, somos complemento»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de setembro encárganse o Servizo Diocesano de Comunicación.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos dunha forma máis pausada todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















