«El Espejo» (25.09.2026): Encontro Diocesano de Migrantes + Experiencia Cuatro40-Acción Católica

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 25 de setembro de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Jesús Álvarez, delegado de Migracións

Mañá sábado, o seminario de Mondoñedo acolle o Encontro Diocesano de Migrantes, unha cita organizada pola Delegación de Migracións, Refuxiados e Trata da diocese de Mondoñedo-Ferrol con motivo da Xornada Mundial do Migrante e do Refuxiado. Falamos con Jesús Álvarez, delegado desta área e vigario para a Caridade, quen nos adianta un programa centrado na escoita activa ás persoas migrantes, con talleres, testimonios e unha misa final na catedral. Ademais, reflexiona sobre a actualidade migratoria, especialmente a situación en Ceuta, e reafirma o chamamento da Igrexa á acollida, a integración e o respecto á dignidade humana.


Entrevista: Luzma Pousa, presidenta de Acción Católica Diocesana

Esta semana, Acción Católica da diocese pon en marcha unha iniciativa de primeiro anuncio chamada Cuatro40, un encontro de impacto baseado en catro evangelios e corenta horas de experiencia de fe. Con este motivo, falamos con Luzma Pousa, responsable de Acción Católica na nosa diocese, quen nos explica os obxectivos deste fin de semana en Mondoñedo —aberto tamén á diocese de Astorga— e o camiño que pretenden trazar ao longo do curso para renovar a vida das parroquias e UPA.


Para pensar: «El pavo real y la tortuga»

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de setembro encárganse o Servizo Diocesano de Comunicación.


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos dunha forma máis pausada todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas