A Adoración Nocturna comeza o novo curso na diocese

  • O movemento eucarístico reforza a súa presenza en Ferrol, Viveiro, Mondoñedo e Ribadeo e agarda a creación dunha nova sección en Narón

Co inicio do novo curso pastoral, a Adoración Nocturna Española (ANE) na Diocese de Mondoñedo-Ferrol bota a andar con ilusión renovada e novos proxectos. O movemento retoma os seus compromisos de oración, adoración eucarística e vida comunitaria coa esperanza de formar unha nova sección na diocese (na parroquia de San Xosé Obreiro de Narón), un obxectivo que chega despois dun primeiro semestre do ano intenso, marcado por acontecementos de gran calado eclesial e espiritual.

Durante os últimos meses, a Adoración Nocturna viviu a Asemblea diocesana anual e a Vixilia das Espigas, entre outros encontros que axudaron a consolidar a vida comunitaria e a dimensión eucarística do movemento. Estas experiencias prepararon o terreo para este novo curso que agora comeza con forza.


Oración nocturna preto das parroquias

Na actualidade, a Adoración Nocturna cubre practicamente toda a xeografía diocesana, o que permite que calquera fiel que o desexe poida participar preto da súa parroquia. Deste xeito, facilítase a oración e o silencio nocturno ante o Señor Eucaristía, nun ambiente de recollemento e acompañamento fraterno.

As seccións existentes son as seguintes:

· Sección de Ferrol (Nosa Señora do Rosario): Un único turno con 17 adoradores activos. Reúnense os segundos sábados de mes na parroquia de San Pedro Apóstolo de Ferrol, a partir das 22:00 horas.

· Sección de Viveiro: Baixo a adavocación de san Luis Gonzaga, conta con 23 adoradores activos. Encóntranse os segundos venres de cada mes na Orde Terceira da igrexa de San Francisco, ás 22:00 horas.

· Sección de Mondoñedo: Integrada por un turno adscrito á sección de Santiago, con 17 adoradores activos. Reúnense os últimos venres de mes no Seminario Santa Catarina, comezando ás 21.45 horas.

· Sección de Ribadeo: Baixo a protección de san Lourenzo. 12 adoradores activos. O seu encontro é o último xoves de mes, desde as 22:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María.


“Unha cálida invitación” a sumarse ao movemento

Rubén Amor, presidente da Adoración Nocturna na nosa diocese, lanza unha “cálida invitación a todos os diocesanos —mozos e adultos— a sumarse a este movemento de profunda raíz eucarística”. Para el, “facer oración en vela, acompañar ao Señor e fortalecer a vida comunitaria son os piares sobre os que se sustenta este compromiso de fe”.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas