15Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 20 de marzo de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Javier Acosta, futuro diácono permanente da nosa diocese
Hai dous anos a nosa diocese comezaba un proceso de preparación de seglares que se forman na actualidade para recibir os ministerios eclesiais e, no algún caso, o diaconado permanente. Hoxe acompáñanos para contarnos como foi esa decisión, como están a ser os estudos e cales son os motivos para platearse o diaconado permanente, Javier Acosta, un pai de familia, moi implicado en coordinar e apoiar a tarefa da UPA As Pontes, e que traballa tamén na diocese dentro das oficinas de xestión.
Entrevista: Jesús Álvarez, vigairo para a Caridade
Hoxe venres comeza en Madrid o Encontro Nacional “Migrantes, misioneiros de esperanza”, presidido polo noso bispo e no participarán os delegados e axentes de pastoal con persoas migrantes de todo o noso país. As xornadas serán tamén unha oportunidade para coñecer o alcance e realidade sobre o recentemente aprobado proceso de regularización extraordinario. Para falar disto contamos no programa co noso vigairo diocesano para a Caridade, o sacerdote Jesús Álvarez.
Entrevista: Rubén Amor, presidente da Adoración Nocturna da nosa diocese
E despedímonos lembrando que sábado o mosteiro das Concepcionistas de Viveiro acollerá unha celebración de acción de grazas nos 90º aniversario do sacerdote José Bello Lagüela, organizada pola Adoración Nocturna de Mondoñedo. Falamos con Rubén Amor, presidente do grupo diocesano da Adoración Nocturna Española.
Para pensar: «La cruz que cargas lleva tu nombre»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de marzo encárganse a comunidade relixiosa das Hijas de la Virgen de los Dolores (Ferreira do Valadouro).
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















