- As actividades desenvolveranse durante os días 8 e 9 de outubro, cunha conferencia e un roteiro a pé con visitas guiadas a tres templos de especial valor arquitectónico
Un ano máis, todos os arquitectos do mundo están chamados a celebrar o Día Mundial da Arquitectura e o Hábitat. Por mor desta celebración, a delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza a Semana da Arquitectura de Ferrol 2025 dedicada nesta edición á arquitectura relixiosa, en colaboración co Concello de Ferrol, a Diocese de Mondoñedo-Ferrol e a Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña.
As actividades organizadas levaranse a cabo en dúas xornadas, a celebrar os días 8 e 9 de outubro, co seguinte programa:
· Mércores, 8 de outubro: CONFERENCIA: «La arquitectura religiosa contemporánea en Europa: perspectivas críticas», impartida polo doutor arquitecto Esteban Fernández-Cobián, 19:30 horas, Antigo Hospicio Municipal (Rúa Méndez Núñez, 11). Na súa intervención abordará tres temas: a decadencia das relixións na Europa Occidental, a eclosión da relixiosidade na Europa Oriental, tanto nos países católicos como nos ortodoxos; e a relación entre a arquitectura relixiosa e os movementos de poboación. O acceso á conferencia é libre e gratuíto e ao rematar compartiranse uns petiscos.
· Xoves, 9 de outubro: ROTEIRO A PÉ CON VISITAS GUIADAS, de 17.00 horas a 20.00 horas, que servirá para coñecer en detalle tres santuarios ferroláns da man de tres arquitectos. O itinerario da visita será o seguinte: igrexa de San Pedo Apóstolo (17:00 h.) , co arquitecto Felipe Picos Brage; igrexa de San Fernando e Nosa Señora do Pilar (18:00 h.), con Ramón Montero Cereijo; e a concatedral de San Xiao (19:00 horas), con José Antonio Alonso Rodríguez. O acceso á visita guiada é libre e gratuíto.









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















