A asistencia espiritual nos hospitais, clave no apoio ás persoas con trastornos mentais

  • A doutora Cristina Pou, xefa de Psiquiatría do Parc Sanitari Sant Joan de Déu, abordou os retos do acompañamento espiritual nas enfermidades mentais
  • A diocese de Mondoñedo-Ferrol estivo representada por seis participantes dos servizos relixiosos dos hospitais da Mariña e Ferrol

A pesares das inclemencias meteorolóxicas, un total de 35 participantes —entre capeláns, delegados e responsables de servizos relixiosos de hospitais e centros sociosanitarios— reuníronse en Santiago de Compostela para celebrar unha nova edición das XXVI Xornadas de Capeláns de Hospital e Centros Sociosanitarios de Galicia, centrada nesta ocasión no tema “Coidado e acompañamento de persoas con enfermidade mental”.

A sesión contou coa intervención da doutora Cristina Pou, xefa do servizo de Psiquiatría do Parc Sanitari Sant Joan de Déu de Barcelona, quen compartiu claves e experiencias sobre o acompañamento espiritual a persoas con problemas de saúde mental. Subliñou, ademais, que a asistencia relixiosa, integrada na atención global á persoa enferma, constitúe un apoio demostrado científicamente na mellora da calidade dos coidados e nos resultados de saúde.

Ao longo da xornada destacouse a importancia de traballar en colaboración cos distintos servizos asistenciais, para garantir unha mellora continua da atención integral e de perseverar na formación e capacitación permanente dos equipos pastorais.

A nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol estivo representada por seis asistentes: Luzma Pousa (servizos relixiosos do Hospital da Mariña), as relixiosas Consuelo e Visitación (do Centro San Aníbal de Burela, colaboradoras habituais do mesmo hospital), Ana María García de las Heras e Cristina Araújo (servizos relixiosos do CHUF Arquitecto Marcide de Ferrol), e José Luis Fernández, delegado diocesano de Pastoral da Saúde e Maiores.

A xuntanza desenvolveuse nun ambiente de fraternidade e compromiso compartido, co firme propósito de mellorar o acompañamento espiritual das persoas que viven o sufrimento mental desde a fe e a esperanza.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas