A Fillas do Divino Celo celebran o 60º aniversario da súa presenza en España

A igrexa de Vila do Medio de Burela acollerá unha eucaristía o vindeiro 1 de xuño

As Fillas do Divino Celo-Rogacionistas celebramos os nosos 60 anos de presencia en España. Coincidindo coa festividade de San Anibal, o noso fundador, o sábado 1 de xuño, as 12:00 horas na igrexa de Vila do Medio de Burela, teremos unha eucaristía de Acción de Gracias e compartiremos un pequeño ágape co persoal, voluntarios e usuarios dos nosos proxectos sociais.

Este aniversario coincide coa celebración dos 150 anos de inspiración carismática,que un xoven seminarista, Anibal María Di Francia, tivo na súa Sicilia natal, no que intuíu, reflexionando sobre a pasaxe bíblica Mateo 9 35-38 , a necesidade de pedir obreiros para unha abondosa mies, como unha gracia especial uníu a unión da oración polas vocacións co testemuño da Caridade cos máis empobrecidos da sociedade da súa época.

Desta intuición  nacería o Carisma do ROGATE no que hoxe relixiosas, relixiosos e laicos seguen os seus pasos en mais de 35 paises dos cinco continentes.

Fonte: Comunidade Fillas do Divino Celo

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas