- Tres propostas para que as parroquias rurais crezan en vida, participación e fe
- O Día do Mundo Rural 2026 celebrarase na parroquia de San Simón de Costa (Vilalba)
A través dun video, que xa está dispoñible na canle diocesana de Youtube, o equipo da delegación da Pastoral Rural, co seu delegado á cabeza, Manuel Regal, xunto con Modesta Campo e Antonio Jesús Lorenzo, presenta a programación oficial para o curso pastoral 2025-2026. O traballo organizouse a través de tres liñas principais, todas elas orientadas a fortalecer a vida comunitaria e apoiar a quen sostén a actividade parroquial no ámbito rural.
Difusión dun documento sobre a realidade das parroquias rurais
A primeira iniciativa consistirá en compartir con sacerdotes, os equipos de pastoral e axentes parroquiais un documento elaborado o pasado ano por un grupo de dezasete persoas, que analiza a través de quince puntos a situación actual das parroquias rurais da nosa diocese. Ademais do diagnóstico, o texto inclúe propostas de acción concretas. Desde a delegación, ofrécese a posibilidade de visitar as parroquias ou unidades pastorais que o soliciten para explicar e comentar o contido do documento.
Celebración do Día do Mundo Rural
A segunda actividade conistirá, como cada ano, na organización do Día do Mundo Rural, que coincidindo coa festividade de San Cidre, o patrón do campo. A delegación adianta que a celebración terá lugar na parroquia de San Simón de Costa, en Vilalba. A data prevista é o sábado 16 de maio de 2026. Para facilitar a participación, anunciarase con antelación e tamén se enviará o material litúrxico e pastoral a cada parroquia ou unidade pastoral que desexe sumarse á xornada desde o seu propio territorio.
Envío de materiais para as celebracións máis importantes do ano
Como terceira liña de acción, a delegación enviará por correo electrónico a toda as parroquias materiais diversos para enriquecer as celebracións relixiosas que se viven con maior intensidade, como o Nadal, a Semana Santa, as festas patronais, a conmemoración de defuntos ou as primeiras comuñóns, entre outras. O delegado, Manolo Regal, destacada que cada comunidade poderá “escoller e aproveitar o que lle pareza” en función das súas necesidades e realidade local.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















