O prazo de presentación das composicións remata o 7 de maio
Sen límite de idade e aberto a toda a diocese
A unidade pastoral de Foz (integrada polas parroquias de San Martiño de Mondoñedo, Vilaronte, Santa Cilla, Fazouro e Foz) vén de facer pública, co gallo do mes de maio, a convocatoria do II Concurso de Oracións a María. Despois da boa acollida que tivo o ano pasado entre os nenos da catequese, os diferentes grupos da unidade pastoral decidiron celebrar de novo este concurso.
Compartimos as bases oficiais, recordándovos que non é só unha actividade para os nenos destas parroquias, senón que pode participar calquera persoa sen límite de idade e situación xeográfica. Soamente hai unha condición que cumprir: as oracións teñen que ser orixinais. Desde a organización indican que tódolos traballos publicaranse tanto no seu blog coma no Twitter.
Se queredes saber máis sobre esta iniciativa e sobre esta unidade pastoral, unha das máis activas da diocese no ámbito da pastoral e da comunicación, premede na seguinte ligazón: https://unidadpastoraldefoz.wordpress.com/
Temos aí o mes de maio, un mes especialmente dedicado a María, a Nai de Xesús. Desde a nosa UpFoz acabamos de lanzar o II Concurso de oraciónsa María. Imos publicar aquí as bases. Ti tamén podes participar; é para tod@s pic.twitter.com/Es6cjy2I9x
— Unidade Pastoral Foz (@UpFoz) April 21, 2020
Como xa indicamos, aquí van as bases do noso Concurso de oracións a María. Recorda: non hai límite de idade, e anque a iniciativa parte da nosa UpFoz, tampouco hai límite xeográfico. Só os límites que ti mesmo marques… Escribe!!! pic.twitter.com/hruMRQj92B
— Unidade Pastoral Foz (@UpFoz) April 21, 2020







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















