- O mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago acollerá o 7 de marzo a XII Xornada de Formación do Voluntariado, dedicada ás estratexias de acompañamento e reinserción social
As delegacións de Pastoral Penitenciaria de Galicia ofrecen unha nova xornada de formación do voluntariado, nesta ocasión baixo o título «Persoas estranxeiras en prisión: estratexias e reinserción». O encontro será este sábado 7 de marzo no mosteiro de San Martín Pinario (Praza da Inmaculada, 5), en Santiago de Compostela.
A xornada, que está aberta a todos e que se corresponde xa coa súa 12º edición, comezará ás 10:00 horas. Tras unha oración inicial, arrincarán os relatorios, que nesta ocasión van estar impartidas por María del Puerto Solar, recoñecida xurista de institucións penitenciarias. A xornada concluirá sobre as 18:00 horas cunha mesa redonda, titulada «ser estranxeiro nun cárcere español», onde se poderán coñecer de primeira man testemuños de persoas estranxeiras privadas de liberdade en prisións de Galicia.
Pretende, xunto á formación e o encontro dos voluntarios que habitualmente participan nas actividades de pastoral penitenciaria, estender e difundir o traballo tan valorado que se fai nos cárceres, nas familias e no acompañamento dos presos, tanto na mesma cárcere como tras a súa saída.
Para poder asistir é necesario inscribirse, escribindo ao correo electrónico da delegación diocesana de Pastoral Penitenciaria antes do 2 de marzo: penitenciaria@mondonedoferrol.org. O custo da inscrición e o xantar é de 20 euros (só inscrición, 5 euros).









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















