A ‘M’, a ‘F’ e a cruz, dous colores para seguir mirando cara ao futuro nunha diocese en misión
O novo logo diocesano
– Logo [abreviatura de logotipo]
– Conxunto de letras ou/e signos que representan a unha institución, sociedade, empresa ou marca.
– No noso caso sería o logotipo que representa á nosa Igrexa Diocesana de Mondoñedo-Ferrol.
– O logo diocesano quere ser a nosa imaxe corporativa e institucional.
– O noso obxectivo é que aqueles que vexa este logo o identifiquen coa nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol.
MF+
– O logo está formado polos trazos de dúas letras [M e F] que inclúen unha cruz [+].
– «M» de Mondoñedo, a sé da nosa diocese.
– «M» de Monte [lugar de revelación na tradición bíblica; así o Monte Sinaí, o Monte Sión, o Monte das Benaventuranzas, o Monte Tabor, o Monte Calvario, ¿e o Padornelo?].
– «M» de Montaña [a corda que atravesa toda a nosa diocese desde Cedeira e Ortigueira ata Ribadeo e A Pontenova, coma se fose o seu espiñazo].
– «M» de Mar [os dous mares da nosa diocese: o Cantábrico e mailo Atlántico, que realmente son un só, porque tódalas fronteiras son inventadas].
– «M» de Mai [referencia á Igrexa [Mai e Mestra, que dicía o papa Paulo VI].
– «M» de María [referencia á Virxe, que tamén é Mai de tódolos que creemos en Xesús].
– «M» de Misión [razón de ser da Igrexa, desa Igrexa misioneira que quiere o papa Francisco, pero que xa nacera con esa vocación desde o principio].
– «M» de Misericordia, un dos nomes de Deus, unha das suas actitudes fundamentais, que ten que ser amén nosa.
– «F» de Ferrol [a segunda sé da diocese].
– «F» de Familia [a gran familia dos fillos de Deus, que somos os cristiáns].
– «F» de Fe [esa experiencia de relación con Deus que dá sentido á nosa vida].
– «F» de Forza [porque a fe é a nosa forza, é dicir, na nosa relación Deus topamos a nosa forza].
– «F» de Festa [porque temos moitos motivos para facer festa, para aledarnos, para compartir, para celebrar a Eucaristía, para agradecer].
– «+» de Cristo [cabeza e Señor da Igrexa].
– «+» da Fe [símbolo da fe cristiá].
Colores
Temos dúass versións:
– Negro e dourado [alguén nos dixo que as letras en negro poderían significar a escuridade do occidente e, de feito, a nosa diocese ocupa a parte máis occidental de Europa; e a cruz significa a luz, por iso ten color dourado, porque da cruz nos ven a luz; no oriente, ademáis, o color dourado fai referencia á eternidade].
– Azul marino e azul celeste:
a) «Azul marino» é azul do mar [xa nos hemos referido antes ós dos mares da nosa diocese].
b) «Azul celeste» é azul do ceo [o ceo é a nosa verdadeira meta; a Igrexa do cel é a Igrexa definitiva, é a Igrexa trunfante].
Ás dúas letras e maila cruz conforman o logo institucional, a identidade corporativa da nosa Igrexa diocesana de Mondoñedo-Ferrol.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















