- A cita terá lugar o sábado 6 de xuño, cun percorrido de 7 quilómetros e saída en Ferrol e Neda para rematar en Narón
- Os dorsais poden adquirirse nas Cáritas parroquiais, no Centro de Inclusión Social GVS, nas confrarías da Semana Santa Ferrolá ou por internet
- A iniciativa busca visibilizar e apoiar o labor de Cáritas coas persoas en situación de vulnerabilidade
Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol dá inicio á V Andaina Solidaria “Memorial Carmela Primo”, unha iniciativa que se celebrará o sábado 6 de xuño e que ten como obxectivo visibilizar o labor social da entidade e recadar fondos para a atención das persoas máis vulnerables. A proba, de carácter popular e solidario, contará cun percorrido de 7 quilómetros entre Ferrol, Neda e Narón.
A andaina partirá dos Cantóns de Molíns, en Ferrol, ás 11:00 horas, e concluirá na Praza de Galicia, en Narón, cun tramo polo Camiño Inglés. A inscrición ten un prezo de 8 euros e pode formalizarse nas Cáritas das UPA e parroquias, na recepción do Centro de Inclusión Social GVS, nas sedes das confrarías da Semana Santa Ferrolá ou en liña, a través do código QR do cartel ou do formulario online habilitado pola organización.
Dorsal e camiseta conmemorativa
O pago do dorsal poderá realizarse en efectivo nos puntos de inscrición presencial, mediante tarxeta bancaria na web de Cáritas Diocesana ou a través de Bizum no número 38378, seleccionando a opción de “facer donativo”. Segundo informa a entidade, a achega económica acolle a dedución fiscal prevista na lexislación vixente, polo que Facenda devolve o 80 % dos primeiros 250 euros doados .
A participación inclúe tamén unha camiseta conmemorativa, que se entregará o venres 5 de xuño, entre as 10:00 e as 20:00 horas, na tenda Moda-Re situada na primeira planta do centro comercial Odeón, en Narón.
Compromiso coas persoas en situación de vulnerabilidade
Desde Cáritas lembran que os fondos recadados se destinarán aos programas de atención a persoas maiores en situación de soidade, familias e infancia en exclusión social, persoas sen fogar, acollida nas Cáritas parroquiais, emprego e formación.
A organización anima á cidadanía a sumarse a esta convocatoria solidaria, que combina deporte, compromiso social e apoio concreto ás persoas que atravesan situacións de especial vulnerabilidade.









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















