El concello de Ferrol organiza las «Xornadas de Persoas sin Hogar»
Durante los días 23, 24 y 29 de octubre
Este ano 2019 cúmprense 27 anos desde que Cáritas comezou a celebración da campaña de “Persoas Sen Fogar”, sempre co obxectivo último de que toda persoa viva con dignidade nun fogar propio, en paz e de xeito permanente. Seguimos apostando pola centralidade das persoas en "situación de sen fogar"
Iníciase este ano un novo periodo de campaña (trienio 2019-2021), mantendo a interpelación á sociedade que xa se incorporou na campaña anterior: “E ti, ?qué dis?. Di basta. Naide Sen Fogar”.
Seguimos inmersos nunha sociedade e nun sistema que deixa fora ás persoas máis vulnerables, e debemos seguir dicindo “¡basta!”. Segundo o Informe FOESSA case 800.000 fogares e 2,1 millóns de persoas sofren situacións de inseguridade na vivenda.
O cartel da campaña deste ano leva por título “Ponlle cara”, sendo imprescindible saber que falamos da situación que viven persoas concretas, con faciana, nome e apelidos. Hai que mirar ao senfogarismo de fronte e visibilizalo, ponéndolle cara. Neste novo trienio insístise en que “Naide Sen Fogar” é posible, facendo fincapé este ano na PREVENCIÓN.
Agardando con esperanza que entre todos fagamos visible a realidade das persoas sen fogar, achegamos os materiais de sensibilización, asi como informamos dos actos programados na celebración da campaña:
– O día 23 de outubro, rolda de prensa no Centro de Día de Inclusión Social "Gabriel Vázquez Seijas" (11:00h.).
– O día 24 de outubro, gesto de flashmob, con recorrido polas rúas de Ferrol, con saída do centro e chegada ao Cantón de Molins (de 11:30 a 12:30h.).
– O día 29 de outubro, participación na "Xornada de PSH" organizada polo Concello de Ferrol (achégase o programa e o enlace para as inscricións).







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















