Entre os seus obxectivos, a reinserción de persoas en risco de exclusión
O proxecto textil conta xa con un empregado
O Concello de Ferrol ven de asinar un convenio a tres bandas con Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol e Koopera Servizos Ambientales, S.Coop, para a posta en marcha dun programa téxtil de inclusión activa que procura un obxectivo fundamental: a xeración de emprego entre os colectivos mais vulnerables a través da reutilización de roupa e calzado depositado pola veciñanza en 16 puntos de recollida.
O convenio foi asinado este mediodía na Sala de Comisións do Pazo Municipal polo alcalde, Jorge Suárez, a directora de Cáritas Mondoñedo-Ferrol, María Victoria Rodríguez, e por Óscar Pérez Rodríguez, no nome e na representación da Koopera, unha cooperativa de iniciativa social e utilidade pública sen ánimo de lucro que procura a inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables no acceso ao mercado a través da recuperación e recollida de residuos, entre outras fómulas.
Foi nunha rolda de prensa na que estiveron acompañados pola concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, Saínza Ruiz. Con este acordo, expuxeron, promovese a xeración de emprego entre os colectivos desfavorecidos coa recuperación de roupa, calzado e outros complementos téxtil para preparalos para a súa reutilización e reintroducción no circuíto desde o mais estrito respecto ambiental.
“Desde este momento, a roupa que se deposite nos contedores que se van a instalar en Ferrol, entrarán no proxecto téxtil de recollida, reciclado e reutilización que vai ligado a outro de xestión e xustiza social”, manifestou a presidenta de Cáritas.
Pola súa banda, o representante de Koopera, Óscar Pérez, relatou chegan a Ferrol “avalados pola experiencia e bo resultado doutros territorios” que agora desemboca ena nosa cidade co obxectivo de crear emprego entre as persoas en risco de exclusión”.
O proxecto arrinca con 16 puntos de recollida no municipio e con unha persoa xa contratada, un novo emprego creado coa vontade de ampliar o seu número en breve.
“Lévamos tempo en conversas para darlle forma administrativa a este proxecto que hoxe asinamos aquí e que, coidamos, ten tres patas fundamentais para nós como Administración local que son a protección e coidado medioambiental, a inclusión social de persoas en dificultades e a creación de emprego, cun posto xa creado” manifestou o alcalde, que agradecía hoxe a Cáritas a súa paciencia e colaboración coa Administración local.
Conforme ao convenio, ubicaranse no municipio un total de 16 puntos de recollida téxtil que estarán nas seguintes localizacións, tan axiña como sea posible desde a sinatura:
1. Avenida de Castelao, xunto ao CIFP Rodolfo Ucha
2. Avenida de Castelao, con Marqués de Santa Cruz
3. Avenida de Esteiro, 85
4. Avenida de Mac-Mahon, 12
5. Praza do Inferniño
6. Rúa Entreríos, 15
7. Rúa Pontevedra, 17
8. Rúa San Amaro, 10
9. Estrada de Catabois, 92
10. Estrada de Catabois, 265
11. Rúa Maiola, 1
12. Estrada Porto-A Graña
13. Rúa Cabana, 41
14. Avenida Doutor Fleming
15, Rúa Espartero, 15
16. Atrio da parroquia do Pilar, Recimil
+ Vídeos: https://www.facebook.com/caritasmondonedoferrol/
Fuente: Concello de Ferrol







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















