- O proxecto “Reciclaxe téxtil ESO” destaca polo seu labor educativo e ambiental nas aulas do IES Castro da Uz
- O taller de costura de Cáritas nas Pontes leva a súa experiencia ás aulas
Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol foi recoñecida no Festival de Innovación 2026 de Cáritas Española polo proxecto “Reciclaxe téxtil ESO”, unha iniciativa desenvolvida no taller de costura da Unidade Pastoral das Pontes.
O proxecto, no que participan mulleres voluntarias e usuarias de Cáritas, achega o valor do coidado ambiental e da reutilización ás aulas do IES Plurilingüe Castro da Uz, onde o alumnado de Educación Secundaria aprende a dar unha segunda vida ás prendas de roupa usadas.
Este recoñecemento encaixa no espírito do Festival de Innovación de Cáritas Española, un encontro que busca compartir boas prácticas, inspirar novas ideas e fortalecer o traballo en rede, promovendo unha innovación social ao servizo das persoas e das comunidades.
Desde diocese de Mondoñedo-Ferrol queremos felicitar e agradecer a todas as persoas voluntarias, participantes e profesorado que fixeron posible este proxecto de aprendizaxe e solidariedade compartida. Parabéns!








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















