Conmemoración de los 800 años de historia de la Catedral de Mondoñedo

Los actos oficiales contemplaron un ciclo de conferencias y una exposición itinerante

· Actos de inauguración

O 19 de outubro de 2019 comezaron os actos conmemorativos dos 800 anos de historia da Catedral de Mondoñedo. Para esta efeméride tomouse como referencia o inicio do pontificado do bispo Martín I, no ano 1219. Este prelado foi o que trasladou definitivamente a sede episcopal a Mondoñedo e é considerado o gran impulsor da construción da Catedral, que el mesmo consagrou en 1246.

Cada ano o 19 de outubro celébrase precisamente a festa da dedicación da Santa Igrexa Catedral Basílica da Asunción da Nosa Señora de Mondoñedo, que conmemora o aniversario da súa consagración; de aí a elección do día.

Nesa data tan sinalada, pois, deuse comezo á conmemoración deste oitocentos aniversario, cun acto institucional que tivo lugar ás 11:30 horas na recentemente remodelada sala de conferencias da Casa dos Cóengos da Catedral. Nel interviñeron: o M.I. Sr. Deán-Presidente do Cabido da Catedral, D. Pedro Díaz Fernández; a Ilma. Sra. Alcaldesa de Mondoñedo, Dna. Elena Candia; o Ilmo. Sr. Conselleiro de Cultura e Turismo, D. Román Rodríguez; e o Excmo. e  Rvdmo. Sr. Bispo de Mondoñedo-Ferrol, Mons. Luis Angel de las Heras Berzal, CMF.

Ao acto asistiron o arcebispo de Santiago xunto aos bispos das demais dioceses galegas, o arcebispo de Braga (diocese da que era sufragánea a sé mindoniense hai oito séculos), o bispo de Santander -anterior prelado desta diocese-, o administrador diocesano de Astorga, así coma os deáns das catedrais de Lugo, Ourense e Tui.

Tamén houbo unha importante representación de autoridades civís e militares. Ademais dos xa citados, asistiron o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; o Xeneral Comandante da Forza de Protección da Armada; a Directora Xeral de Patrimonio Cultural; o Comisario da Policía Nacional de Ferrol-Narón; o Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo e o Comandante do Posto de Mondoñedo; varios alcaldes, tenentes de alcalde e membros de corporacións municipais de varios concellos da diocese; e deputados autonómicos e provinciais.

Ao remate da súa intervención, o bispo de Mondoñedo-Ferrol deu por inaugurada a exposición sobre a historia da diocese e da súa Catedral, que consta de doce paneis, e que se prevé que percorra as principais localidades da diocese e outros lugares senlleiros da súa historia ao longo deste curso 2019-2020: Ferrol, Bretoña (A Pastoriza), San Martiño de Mondoñedo (Foz), Ribadeo, Viveiro, Ortigueira, Vilalba e Narón. En cada unha desas sedes impartirase, ademais, unha ou dúas conferencias.

Ás doce e media do mediodía tivo lugar a solemne celebración da eucaristía da festa do aniversario da dedicación da Catedral, presidida polo bispo da diocese, e concelebrada polas demais autoridades eclesiásticas antes mencionadas, así como polo cabido da Catedral e outros sacerdotes diocesanos.

Ao remate unha banda de gaitas interpretou varias pezas musicais na Praza da Catedral. Finalmente, as autoridades asistentes e distintos representantes da sociedade civil de Mondoñedo foron invitadas a xantar no Real Seminario Conciliar de santa Catalina de Mondoñedo e recibiron un lote de agasallos co prato de Sargadelos conmemorativo do aniversario, o folleto que reproduce os paneis da exposición e un libro de fotografías da Catedral de Mondoñedo.

Cómpre destacar, finalmente a gran repercusión que tivo a celebración desta xornada nos medios de comunicación, tanto nos de ámbito galego coma en varias publicacións especializadas en temas eclesiais de ámbito nacional; anexamos a esta memoria unha escolma das máis significativas. A esa repercusión hai que engadir a ampla cobertura que a web diocesana www.mondonedoferrol.org, así como nas súas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).


· CICLO DE CONFERENCIAS

O 8 de novembro tivo lugar a conferencia inaugural do ciclo de conferencias programado co gallo do 800 aniversario. Na sala de conferencias da Casa dos Cóengos da Catedral, D. Manuel Castiñeiras González, catedrático de Historia da arte na Universidade autónoma de Barcelona disertou sobre “Pintura e orfebrería das catedrais medievais”.

A segunda das conferencias en Mondoñedo impartiuse o 22 de novembro, a cargo de D. José Miguel Andrade Cernadas, profesor de historia medieval da Universidade de Santiago, que fixo un percorrido pola historia da diocese mindoniense.

O 28 de novembro inaugurábase en Ferrol a exposición, e con ese motivo D. Fernando López Alsina, catedrático de Historia Medieval da Universidade de Santiago impartía unha conferencia sobre “As cidades do bispado e os seus burgos”. O lugar que acolle a exposición e as dúas conferencias programadas en Ferrol é o edificio do Museo da Construcción Naval.

O resto de conferencia e ponente foron os seguintes: 20 de decembro (D. Manuel Vilar Álvarez, antropólogo,“O Camiño Inglés”, Museo da Construcción Naval); 10 de xaneiro de 2020 (D. Ramón Yzquierdo Perrín, "As catedrais medievais de Mondoñedo: arquitectura e escultura", Centro de Interpretación de S. Martiño de Mondoñedo (Foz); 24 de xaneiro (Dna. Celia Castro Fernández, "Iconografía dos capiteis da catedral de Mondoñedo", Centro de Interpretación de S. Martiño de Mondoñedo (Foz); 7 de febreiro (D. Mario Crecente, "As catedrais de Mondoñedo", Ribadeo); 21 de febreiro (Dna. Ana Goy Diz, "Patrimonio mundial na diocese mindoniense", Ribadeo); e 13 de marzo (Dna. Blanca Besteiro, "As pinturas murais das catedrais de Mondoñedo: descuberta e restauro", Ortigueira). O resto de ponencias programadas tiveron que ser suspendidas debido ás restriccións provocadas pola covid-19.


· archivo de audios

 

· TELEVISIÓN

Programa 'Polo camiño da fe', da Televisión de Galicia, adicado á catedral de Mondoñedo

 

· CANAL DE YOUTUBE

Ciclo de conferencias
 


· REFERENCIAS EN MEDIOS DE COMUNICACIÓN

· Prensa: 800 años de la catedral de Mondoñedo, «unha xoia que temos que conservar» (La Voz de Galicia)

· Radio: La Catedral de Mondoñedo, 800 años como testigo de la evolución de la Diócesis. Entrevista al obispo Luis Ángel (Cadena COPE de la Costa).

· Prensa: Mondoñedo, 800 anos de misterio (La Voz de Galicia)

· Prensa: Mondoñedo: la catedral contra la que no pudieron los viquingos (Vida Nueva)

· Prensa: 800 años de la catedral de Mondoñedo (Revista Ecclesia)

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas