Carta convocatoria do vicario xeral diocesano
O vindeiro sábado 27 de outubro no Seminario de Mondoñedo
Aos sacerdotes, relixiosos, relixiosas e laicos:
O vindeiro sábado, día 27, no Seminario de Mondoñedo, como cada ano ao comezo de curso, o noso Bispo convócanos á ASEMBLEA DIOCESANA DE INICIO DO CURSO para presentarnos e compartir con nós a programación pastoral deste ano, na que todos en maior ou menor medida estamos chamados a facer as nosas aportacións, poñer os nosos acentos e, sobre todo, a participar activamente.
Este é o horario da xornada que remata a mediodía:
· 10:30 h. Acollida/café
· 11:00 h. Oración (salón de actos)
· 11:15 h. Intervención do noso bispo Luis Ángel
· 11:30 h. Presentación da programación do curso pastoral
· 12:00 h. Reunión por grupos (claustro e aulas)
· 13:00 h. Descanso
· 13:30 h. Oración de envío (Catedral)
· 14:15 h. Xantar compartido (comedor do Seminario)
Como estamos a facer nestes últimos anos o “xantar compartido” supón que traemos a comida e ata a podemos compartir, o que favorece máis aínda a nosa convivencia e expresa os nosos desexos de fraternidade.
Animo a participar aos párrocos acompañando aos seus fregueses e ás delegacións de cada vicaría, así como, ás congregacións relixiosas, movementos, asociacións, confrarías, etc…
Haberá tamén un servizo de acollida e acompañamento para os nenos e adolescentes que participen neste encontro.
Agardámoste. Unha aperta
Antonio Rodríguez Basanta
Vicario xeral







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















