Corenta e un adultos da nosa diocese, moitos deles persoas migrantes de diversas nacionalidades (Cabo Verde, Brasil, Polonia, Colombia…), recibiron o pasado sábado 27 de maio o sacramento da confirmación de mans do bispo Fernando García Cadiñanos.
Nunha catedral de Mondoñedo ateigada de fieis, familiares e acompañantes dos confirmandos, o bispo animounos a ser «testemuñas de Xesús, impulsados polo Espirito Santo», e a «poñerse ao servicio da Igrexa co seus dons, necesitada de zume novo, e presenza no medio do mundo.
Informa: Carlos Miranda, responsable diocesano de Catecumenado.