De quen foi e é competencia o papel hixiénico na sanidade pública? (IV)

Por fin termino a evocación despois de 32 anos dun feito angustioso vivido entón e revivido agora, amasado con todas as experiencias acumuladas desde entón. Quen tivese a paciencia de acompañarme ó longo das tres últimas semanas sabe que me refiro á angustia espera durante sete horas por papel hixiénico nunha situación en que eu non podía saír de cama debido a unha convalecencia de máis de tres meses por unha fractura conminuta de á ilíaca esquerda e acetábulo pélvico con posterior paresia de ciático, causado todo por un accidente de circulación.

Pola miña idade, 41 anos, non procedían pañais e logo de pedir sen éxito o ditoso papel ás ateses, responsables de inxeccións contra embolias, chicas da limpeza e tomadoras de tensión, a iso das trece horas, veu o RAP (Responsable de Asistencia Pastoral), tamén coñecido máis vulgarmente como o CURA e tamén como don EDELMIRO.

O seu saúdo cariñoso de compañeiro, coa diferenza de que el estaba en activo e eu en pasivo, foi:

Bos días, Xosé Manuel.

A miña resposta, ou non resposta, apresurada saíu como un proxectil:

Está moi lonxe de aquí o papel hixiénico?

Acorde coas mesmas présas da pregunta foi a súa resposta inmediata:

Tres portas máis adiante. Necesítalo?

¡Desde as seis da mañá!

Saíu da miña habitación, a 330, e nun dicir amén volveu con tres rolos, un en cada man e outro debaixo do brazo.

Ninguén mo confirmou nunca con claridade. A historia encargarase de facelo no seu momento; pero non hai quen me desmonte da miña convicción de que todo estaba estudado e planeado desde arriba; porque, no tenteo de competencias nas máis ben frías relacións diplomáticas que se levaban naquel momento entre a Igrexa e o primeiro goberno socialista, despois de longos anos de ditadura, aparentemente protectora da Igrexa, pero en realidade só protectora da súa igrexa, hai sobrados motivos pra sospeitar que socialistas de vello cuño, recalcitrantes e anticlericais, consideraban que o servizo do papel hixiénico podía ser unha das competencias cedidas polo Estado ó ámbito eclesiástico, en virtude do Concordato, dando así un paso máis no intento de que a cuestión relixiosa fose recluída ó terreo do privado.

Pasaron os anos, fíxose muller a entón nena democracia, a súa inxenua e desinteresada ilusión de outrora foi dando paso a unha considerable dose de ramplón e interesado desencanto á vez que ideais de servizo á cousa pública transformábanse en case hereditarios modos de vida a costa da cousa pública.

E chegou outra crise e con ela recortes pra moitos, non pra todos, e as periódicas inspeccións de Bruxelas, e descubríronse latentes corrupcións, e ímonos facendo vellos os que outrora soñamos co que podería ser e non acabamos de ver que sexa nos nosos días, e din que se superou o bipartidismo e a alternancia, e os tres partidos maioritarios da oposición inclúen nos seus programas electorais aclarar dunha vez e pra sempre de quen é competencia o papel hixiénico na Sanidade Pública e na Concertada.

Pero mentres tanto, propágase como unha inmensa mancha de aceite, e en casos de petróleo, a corrupción, dándose o caso de que non poucos elixidos de dereita, esquerda, centro e arredores segundo conveña, conseguen certificados amañados pra aforrar papel hixiénico nas súas casas e servirse do adquirido pra centros públicos. Ata parece ser que os hai que abusan de laxantes pra defecar ata tres veces ó día, coa conseguinte limpeza e gasto de papel, en dependencias das distintas administracións.

No resulta fácil predecir el futuro, porque cuando menos se piensa puede saltar un Donald Tramp, un Nicolás Maduro o un Kim Jong Un, por no citar a nadie de casa. Tampoco soy yo nadie para meterme a agorero, pero esto del papel higiénico sigue preocupándome como consecuencia de siete horas de inolvidable angustia.

Non resulta fácil predicir o futuro, porque cando menos se pensa salta un Donald Tramp, un Nicolás Maduro, o un Kim Jong Un, por no citar a niguén da casa, nin do mercado, ou máis ben feira, común europea. Tampoco son eu ninguén pra meterme a agoreiro, pero isto do papel hixiénico segue preocupándome como consecuencia de sete horas de inesquecible angustia, que, dende a perspectiva que aporta a memoria histórica, considero que foron programadas e consensuadas en altas instancias diplomáticas, sen deixar fóra á mesma nunciatura en tempos de transición. 

As novas tecnoloxías son impredicibles e delas vai depender en gran parte o futuro. Non teño atribucións pra desvelar detalles; pero cónstame que se está experimentando con éxito nun país nórdico unha aplicación pra teléfonos móbiles que liquide problemas de dificultades pra adquirir o desprezado papel que, no obstante, pra min foi en certa ocasión un prezado e ansiado ben. Mentres tanto, procuro seguir na expectativa activa ata onde dea de si a case invisible corda con que me atan.

 

«Pero mentres tanto, propágase como unha inmensa mancha de aceite, e en casos de petróleo, a corrupción, dándose o caso de que non poucos elixidos de dereita, esquerda, centro e arredores segundo conveña»

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas