O nacemento que estará aberto ata o 26 de xaneiro, conta este ano cunnh matanza do porco e un pescador como novidades
A directora xeral de Turismo, Nava Castro, substituíu a Román Rodríguez no pregón dos actos inaugurais do belén de Begonte
Xa é unha realidade. Ano tras ano, dende 1972, cando as pequenas figuras do nacemento electrónico dos dous Xosés cobran vida, espertando a ilusión de pequenos e de maiores, chega o Nadal. E en Begonte do belén, esta celebración esténdese durante dous meses.
Inaugurouse este sábado a cuadraxésimo sétima edición do que deu en chamarse O Nadal en Begonte, unha proposta de actividades ao redor dun epicentro, ese belén electrónico creado por Xosé Domínguez Guizán e Xosé Rodríguez Varela -a súa viúva, Pilar Gómez, acudiu á inauguración- que ofreceu os seus primeiros pases logo da tradicional misa en memoria dos que xa non están.
No transcurso desta leuse o tradicional pregón, unha responsabilidade que inicialmente recaera no conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, ao que unha viaxe de última hora a Xapón lle imposibilitou acudir. Si o fixo no seu nome a directora xeral de Turismo, Nava Castro, que xa asumira este cometido en 2015.
"Alégrame repetir, porque aquela experiencia deixou en min unha gran pegada", asegurou a pregoeira, gabando unha iniciativa "que traspasa límites" e que é "un gran reclamo e un acontecemento esperado". Confirmou notar o mesmo espírito que fai tres anos, ou mesmo máis forte "grazas ao voso traballo e tesón, ao dos que dan o mellor de si mesmos para facelo unha realidade", dixo, ao tempo que repasou a fonda tradición belenística galega.
A misa contou tamén co coro e coa banda de música da asociación músico Crisanto, xurdida da fusión das escolas municipais de Begonte, Rábade e Outeiro de Rei -o alcalde rabadense, Fransico Fernández, membro do coro, recollía un agasallo conmemorativo de mans do seu homónimo begontés, José Ulla-. Esta unión de esforzos para crear "algo grande" é "exemplo único en Galicia", dixo Xulio Xiz, unha vez máis voceiro da celebración impulsada dende o centro cultural José Domínguez Guizán, onde Nava Castro tamén aproveitou para visitar o museo que lembra a Rodríguez Varela.
A responsable de Turismo tamén puido coñecer de primeira man as novidades dun belén electrónico que conta coa distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia. Ramiro Cruz, que o ano pasado recreara unha malla tradicional, apostou este ano por deseñar unha matanza do porco e un pescador para sumar ao renovado nacemento, en cuxa montaxe traballou dende finais do verán xunto a Carlos Torres e Sito Veiga.
O froito do seu traballo poderase ver ata o 26 de xaneiro, día da clausura, na que tamén se entragarán os premios dos certames de poesía, xornalismo, debuxo infantil e arte que cada ano se convocan no marco do Nadal en Begonte.
Fonte: El Progreso
Nava Castro: «Alégrame repetir, porque aquela experiencia deixou en min unha gran pegada»







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















