Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 8 de decembro de 2023. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Antonio R. Basanta, vigairo para a Sinodalidade
Falamos con Antonio R. Basanta, vigairo para a Sinodalidade e delegado diocesano do Clero, sobre o tempo de Advento, cal é o seu significado e nós, como cristiáns, debemos vivir estas semanas que nos prepararn a chegada do Nadal
Entrevista: Ana Martín, responsable do belén da Orde Terceira de Ferrol
Neste tempo de preparación do Nadal, falamos dunha tradición internacional, especialmente nalgúns puntos concretos da nosa diocese, como son os nacementos. Viaxamos ata Ferrol para falar con Ana Martín, filla do mestre Alfredo Martín, creador do belén da Orde Terceira. Con ela coñecimos o significado deste nacemento para todos os ferroláns, o seu funcionamento e as principais novidades que presenta esta edición.
Para pensar: «La puerta»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante este mes de decembro acompáñannos as Misioneras Apostólicas de la Caridad.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.