Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 11 de outubro de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Alejandro Piñón, delegado de Misións
A delegación diocesana de Misións ten un novo delegado, o sacerdote Alejandro Piñón. Moi preto xa das datas fortes no calendario desta delegación, como vai ser o Domingo Mundial das Misións, o DOMUND, contactamos con Alejandro para coñecer de primeira man como está sendo a súa chegada, os obxectivos a medio-longo prazo e os proxectos da delegación neste novo curso pastoral.
Entrevista: Chema Pérez, delegado de Peregrinacións e Camiño de Santiago
Máis de 5500 peregrinos pasaron polos puntos de acollida cristiá no Camiño Inglés durante o pasado verán, unha cifra moi significativa e que vén dar folgos ao traballo do equipo de voluntarios e voluntarias que os atenden. Entrevistamos ao delegado diocesano do Camiño de Santiago, Chema Pérez, con quen falamos desta iniciativa e dalgunhas máis que xa están a xurdir na delegación para o ano 2025.
Para pensar: «Una boda especial en Viveiro»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa ou delegación da nosa diocese. Durante este mes de outubro encárgase o equipo da delegación diocesana de Migrantes, Refuxiados e Trata.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















