«El Espejo» (13.03.2026): Día do Seminario + Programa ADRAL de Viveiro + A historia da OJE-Ferrol

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 13 de marzo de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Juan Basoa, formador no Seminario Interdiocesano

Este domingo na concatedral de San Xiao de Ferrol vai ter lugar a ordenación diaconal de Víctor Andrés Segura, retransmitida en directo a través da canle diocesana de Youtube. A vindeira semana celebrarase tamén o Día do Seminario, baixo o lema “Deixa as túas redes e sígueme”, unha xornada que invita aos mozos a redescubrir a chamada de Cristo desde unha liberdade interior auténtica. Os seminaristas de tres dioceses galegas, entre elas a de Mondoñedo-Ferrol, fórmanse no Seminario Interdiocesano Santiago Apóstolo en Compostela. Hoxe quixemos contar no programa con Juan Basoa, un dos integrantes do equipo formativo deste Seminario, para falar do significado desta xornada e deste paso tan importante que dará Andrés no seu servizo a Deus e á Igrexa.


Entrevista: Mari Carmen López, voceira da Xunta de Confrarías de Viveiro

Coa presentación do cartel da Semana Santa de Viveiro deu comezo o programa de difusión cultural e relixiosa ADRAL deste ano, unha cita cultural que ateigou a igrexa parroquial de San Francisco. Para falarnos deste programa, nun ano no que Viveiro vive o 75º aniversario do paso das Sete Palabras, temos con nós á portavoz da Xunta de Confrarías de Viveiro e irmá maior da Confraría da Santa Cruz, María del Carmen López, «Chipe».


Entrevista: Jonathan González, director da Agrupación Nuestra Señora del Nordés-OJE Ferrol

Quixemos facer un pequeno oco no noso programa para adicar ás agrupacións de Semana Santa, achegándonos hoxe á decana das bandas de Ferrol, a OJE, para falar co seu director sobre como van os ensaios e coñecer un pouco máis a historia desta agrupación.


Para pensar: «Echa raíces en el amor de Dios» 

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de marzo encárganse a comunidade relixiosa das Hijas de la Virgen de los Dolores (Ferreira do Valadouro).


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas