Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 13 de setembro de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Javier Santiago, arcipreste de Ortegal
O bispo Fernando está a piques de comezar a súa primeira visita ao arciprestado de Ortegal. Co seu arcipreste, Javier Santiago, e de primeira man, coñeceremos como se está artellar este acontecemento, xa non só a nivel eclesial, senón tamén a nivel social, xa que o visto atoparase cos representantes políticos, sociais e culturais desta bisbarra do norte da provincia da Coruña.
Entrevista: Guillermo Leira, vigairía para a Caridade
A vigairía para a Caridade da nosa diocese está a promocionar o Tempo da Creación, do 1 de setembro ao 4 de outubro. Durante este período, os cristiáns renovamos en todo o mundo a nosa fe no Deus creador, uníndonos dun xeito especial na oración e a tarefa a favor da defensa da casa común. Unha das propostas é a realización dun roteiro ecolóxico pola zona de Vilarrube, con Concello de Valdoviño. Hoxe estivo con nós Guillermo Leira, un dos responsables desta iniciativa, para presentala e animarnos a participar.
Entrevista: Nieves Espiñeira, delegada de Pastoral Penitenciaria
Entrevista á nosa delegada diocesana de Pastoral Penitenciaria, Nieves Espiñeira, horas antes de que dea comezo o acto de presentación do novo curso 2024-25 neste ámbito pastoral de tanta trascendencia e no que ne diocese segue a dar pasos para acompañar ás persoas presas e ás súas familias.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















