Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 14 de novembro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: María Victoria González, directora de Cáritas Mondoñedo-Ferrol
Este domingo 16 de novembro celebramos a IX Xornada Mundial dos Pobres baixo o lema “Ti Señor es a miña esperanza”. Os actos diocesanos contemplan a proxección dunha película, un magosto intercultural, unha eucaristía con persoas maiores, un encontro testemuñal ou a propia presentación da exhortación do papa León “Dilexi te”. Esta Xornada lémbranos que os pobres están no centro de toda a acción pastoral. Para falar desta data tan signiticativa achegámonos ata Cáritas Diocesana, e fixemos esta entrevista á súa directora, María Victoria González, «Toyi».
Entrevista: Alberto Varela, delegado diocesano de Xuventude
O pasado mes de outubro, substituíndo no cargo a Jorge Rodríguez, delegado diocesano de Xuventude durante o últimos catro anos, o bispo diocesano nomeaba ao ferrolán Alberto Varela, un mozo que participa habitualmente nos encontros e actividades da delegación e desde neno está moi vinculado ao mundo confrade. Para convidarnos a participar da vida da Pastoral Xuvenil estivo connosco nos estudios de COPE.
Para pensar: «Para el que sabe amar todo es perdón»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de novembro encárganse a comunidade relixiosa das Misioneras de Acción Parroquial de Vilalba.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















