«El Espejo» (16.01.2026): Campamento Diocesano + Oración unidad de los cristianos + Catequistas de Galicia

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 16 de xaneiro de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Ángela Requejo, Colectivo Campamento Diocesano

Neste canto, El Arrebato fálanos de mochilas, de aventura, seguir un camiño lixeiros de equipaxe. Sérvenos para anunciar que entre o 19 e o 26 de xullo de 2026, centrado no tema das benaventuranzas, vai ter lugar unha nova edición do Campamento Diocesano. Recentemente celebrouse a asemblea xeral do Colectivo e hoxe temos con nós a Ángela Requejo, vogal da coordinadora, con quen falaremos desta cita fundamental no calendario da diocese dirixida aos máis novos.


Entrevista: Dieudonné Abayizera, delegado de Ecumenismo

A música de Taizé sérvenos para falar de ecumenismo, pois entre o 18 e o 25 de xaneiro celebrarase a Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns. Este ano baixo o lema “Un só espírito, unha soa esperanza”. Este ano a Igrexa Apostólica de Armenia foi a encargada de preparar as oracións e reflexións da Xornada. Para falarnos desta convocatoria tivemos connosco ao padre mercedario Dieudonné Abayizera, delegado diocesano de Ecumenismo.


Entrevista: Alberto Leiva, Catequistas de Galicia

O vindeiro sábado 24 de xaneiro Santiago acollerá o Encontro de Catequistas de Galicia, unha cita para medrar na comunidade e na sinodalidade, para renovar o compromiso e afondar na misión catequética hoxe. Para falarnos deste encontro contamos co delegado de catequese da diocese de Lugo e coordinador do mesmo, Alberto Leiva.


Para pensar: «No es el color, es el corazón» 

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de xaneiro encárganse a comunidade relixiosa das Mercedarias de Ferrol.


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas