«El Espejo» (20.10.2023): Orar en familia + Formación nenos e familias + Migrantes na nosa diocese

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 20 de outubro de 2023. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Mar Sarmentero, delegada de Laicos, Familia e Vida

Desde a delegación diocesana de Laicos, Familia e Vida acaban de poñer en marcha unha nova iniciativa para este curso 2023-24: trátase dunha oración para orar para a familia. Trátase dun documento que recolle catro oracións, unha por semana, cunha proposta de oración moi sinxela de seguir. Unha oración para atoparnos co Señor e orar polas nosas familias. Cóntanolo a nosa delegada, Mar Sarmentero.


Entrevista: Patricia Filgueira, técnica de Cáritas Mondoñedo-Ferrol

Creación de espazos de participación para nenos, nenas e adolescentes” é o tema da xornada de formación e reflexión que este sábado terá lugar en Ferrol, organizada pola Mesa Social da Infancia e a Familia da diocese de Mondoñedo-Ferrol. Cóntanos máis detalles, a responsable desta iniciativa en Cáritas Diocesana, Patricia Filgueira.


Para pensar: «El puzzle del mundo»

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante este mes de outubro encárganse de preparala as Discípulas de Xesús de Ferrol.


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas