Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 22 de maio de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Arturo Aulet, Comisión para o Sostemento da Igrexa
Hoxe achegámonos á segunda edición da Liña 105 Xtantos na diocese de Mondoñedo-Ferrol, unha iniciativa que percorreu Mondoñedo, Foz e Burela para dar a coñecer, de primeira man, o labor que sostén a Igrexa grazas ao X da nosa declaración da renda. Para contárnolo, acompáñanos Arturo Aulet, membro da Comisión Diocesana para o Sostemento da Igrexa.
Entrevista: Antonio Porto, Hermandad de Santa Rita
Ímonos agora ata Xuvia, en Narón, para vivir a festa de Santa Rita, coa tradicional bendición da rosa, unha cita moi querida polos fieis e que hoxe, venres 22 de maio, volve reunir á comunidade ao redor da súa padroeira. Acompáñanos Antonio Porto, irmán maior da Hermandad de Santa Rita, para contarnos como se está celebrando esta xornada tan especial.
Entrevista: Concha Quintela, catequista-ministerios laicales
Esta fin de semana, a catedral de Mondoñedo acollerá unha celebración moi especial na que dezanove laicos recibirán os ministerios laicais. Entre eles estará Concha Quintela, catequista da UPA de Vilalba, nunha cita que pon en valor o compromiso e o servizo de tantos fieis na vida da Igrexa.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos dunha forma máis pausada todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
Para pensar: «Los vendedores de café»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de maio encárganse a comunidade relixiosa das Esclavas de la Inmaculada Niña de Viveiro.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















