Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 26 de xuño de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Ignacio M. Carnero, Pastoral da Carretera
O próximo 5 de xullo a Igrexa celebra a 58ª Xornada de Responsabilidade no Tráfico, con motivo da festa de San Cristobo, patrón dos condutores. O lema deste ano, parte do capítulo 10 de san Mateo e dinos “Sede prudentes e sinxelos”. A xornada coincide coas datas de grandes desprazamentos estivais. Desde a delegación diocesana de Pastoral da carretera facilítase unha estampa da Virxe da Prudencia e de san Cristóbo, un adhesivo dos e subsidios litúrxicos para a celebración. Na súa mensaxe, os bispos agradecen especialmente o labor social de transportistas e traballadores de servizos, gasoliñeiras ou talleres. Para falarnos desta xornada temos hoxe connosco a Ignacio M. Carnero, membro do equipo de voluntarios da delegación diocesana.
Entrevista: Cándido Otero, Hospitalidad de Nuestra Señora de Lourdes
O vindeiro luns partirá cara a Lourdes a peregrinación diocesana, ata o 3 de xullo, acompañados polo noso bispo Fernando. O lema do santuario neste ano parte do primeiro misterio gozoso e é “alégrate, chea de graza, o Señor está contigo”, unha frase que marca o inicio dun camiño espiritual que durará tres anos e que parte do Evanxeo de Lucas. Para falarnos da programación da viexe temos connosco a Cándido Otero, consiliario da Hospitalidad de Nuestra Señora de Lourdes.
Entrevista: Manuel Vicente, Asociación de Amigos del Camino del Mar
Rematamos esta quenda de entrevistas cun roteiro polo Camiño do Mar. Falamos con Manuel Vicente, presidente e impulsor principal da Asociación Amigos do Camino del Mar, que transcorre desde Ribadeo ata Teixido, e enlazando co Camiño Inglés en Neda.
Para pensar: «El valor de caminar juntos»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de xuño encárganse a comunidade relixiosa das Franciscanas de la Purísima Concepción de Foz.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















