«El Espejo» (26.09.2025): Encontro de Migrantes + Novo curso nas delegacións + Igrexa e turismo

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 26 de setembro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Gonzalo Varela, vigairo xeral

Esta tarde no Seminario de Mondoñedo terá lugar a reunión de inicio de curso dos arciprestes e delegados da nosa diocese. Nela estarán presentes as vinte delegacións que compoñen o organigrama de atención pastoral, e os catro arciprestados que artellan o actual mapa de Mondoñedo-Ferrol. Para coñecer os temas que estarán en riba da mesa tivemos con nós ao vigairo xeral, Gonzalo Varela, como coordinador deste encontro. Con el falamos de como se configura o programa de vida da diocese, da visita pastoral ao arciprestado de Terra Chá e das novidades da Escola Diocesana de Evanxelización para o vindeiro curso.


Entrevista: Suso Álvarez, delegado diocesano de Migrantes e Refuxiados

Mañá sábado 27 de setembro terá lugar tamén no Seminario de Mondoñedo o Encontro Diocesano de Migrantes e Refuxiados, organizado pola vigairía para a Caridade, Cáritas e a delegación eiocesana de Migrantes, Refuxiados e Trata. Falamos co seu delegado, o sacerdote Jesús Álvarez, con quen analizamos as liñas principais, o significado e o programa desta xornada.


Entrevista: Chema Pérez, delegado diocesano de Peregrinacións e Turismo

A Igrexa galega reuniuse recentemente na Illa da Toxa, reflexionando sobre a acollida e a evanxelización na I Xornada da Pastoral do Turismo. Unha xornada que uniu fe, cultura e diálogo. Un momento para reflexionar sobre o papel que xoga a a Igrexa no sector turístico. En representación da nosa diocese participou o delegado de Turismo, Peregrinacións e Camiño de Santiago, José María Pérez.


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas