Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 27 de febreiro de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Virginia Vila, profesora de Relixión
Neste curso, a clase de Relixión céntrase no lema “Somos instrumentos da súa paz”, integrando valores, espiritualidade, experiencia cristiá… inspirado tamén na figura de san Francisco de Asís. Doutra banda, a Conferencia Episcopal Española convídanos a través da web meapuntoareligion.com a matricular aos nosos fillos na materia de Relixión. Para tratar estes temas, hoxe quixemos que nos acompañase unha profesora que conta cunha longa experiencia e percorrido docente: Virginia Vila, profesora do Colexio Arenales Compañía de Ferrol.
Entrevista: Helena Pena, irmá maior da Confraría da Mercé de Ferrol
Abordamos agora a vertente solidaria das confrarías de Semana Santa, e para falar diso, tivemos connosco a Helena Pena, que é desde 2021, a primeira muller que está á fronte da Xunta de Goberno da Confraría da Mercé de Ferrol. Esta confraría destaca pola súa vertente social, organizando eventos solidarios como a recollida de alimentos en ensaios procesionais, colaborando con entidades como o Banco de Alimentos.
Entrevista: Nelson Javier Ortiz, grupo diocesano de Pastoral Familiar
Recentemente na parroquia de Caranza, dezaoito matrimonios renovaron o seu compromiso nunha celebración que estivo enmarcada na Semana do Matrimonio organizada pola delegación de Laicos, Familia e Vida. Para falarnos desta experiencia tivemos connosco a Nelson Javier Ortiz, quen chegou de Colombia hai vintecinco anos, nas Pontes coñeceu á que agora é a súa muller e xuntos comezaron un camiño de compromiso.
Para pensar: «Un viaje inesperado»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de febreiro encárganse a comunidade relixiosa das Discípulas de Jesús (Ferrol).
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















