Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 29 de maio de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Carolina López, coordinadora de xestión de Cáritas Diocesana
Hoxe achegámonos a unha das iniciativas máis significativas da nosa diocese nestes días: a Semana da Caridade, baixo o lema “reconstruír a fraternidade”. Cáritas Mondoñedo-Ferrol está a preparar unha axenda moi completa de actos, que buscan non só recoller solidariedade, senón sobre todo reconstruír a fraternidade entre as persoas, especialmente con quen máis o necesitan. A semana culminará con actos na concatedral de Ferrol o domingo 7 de xuño co Corpus. Para falarnos en profundidade de toda esta proposta, acompáñanos Carolina López Maiztegui, coordinadora de xestión de Cáritas Mondoñedo-Ferrol.
Entrevista: Noemi Rodríguez y Carlos de Andrés (Campamento Diocesano)
E agora lembrámosvos unha proposta que cada verán deixa pegada na vida de moitos nenos, mozos e familias da nosa diocese: o Campamento Diocesano, que volverá celebrarse en Mondoñedo do 19 ao 26 de xullo. Para falarnos desta nova edición contamos con dous invitados moi especiais: Noemí Rodríguez e Carlos de Andrés, matrimonio de Viveiro e integrantes do Colectivo Campamento Diocesano, que nos van a presentar a experiencia deste ano, o ambiente que se quere crear e todo o que esta semana pode achegar a quen participe.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos dunha forma máis pausada todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
Para pensar: «El billete»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de maio encárganse a comunidade relixiosa das Esclavas de la Inmaculada Niña de Viveiro.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















