Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 29 de novembro de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Antonio R. Basanta, vigairo para a Sinodalidade
Chega o Advento, un tempo novo, de espera, de esperanza. E a diocese xa se está a preparar para vivir este tempo no que o importante non está nas cousas materiais ou nos éxitos persoais, senón no propio Deus. Desde a vigairía para a Sinodalidade da nosa diocese, a través do seu vigairo, coñecimos en que consistirán os retiros que vanse desenvolver durante esta fin de semana en Mondoñedo e Ferrol e profundaremos no significado deste novo tempo litúrxico.
Entrevista: Xoán X. Fernández, comisión para o Sostemento da Igrexa
Seguro que a palabra «Sostemento» nos soa ben pouco. Pois iso vai cambiar, xa que no programa de hoxe, en durante os vindeiros meses, coñeceremos de primera man que é iso de «soster» a Igrexa e como non só refire a termos económicos, senón tamén o importante que é para as nosas parroquias e comunidades que lle dediquemos o noso tempo, as nosas calidades e a nosa oración. Na Igrexa somos unha familia e necesitamos todos de todos. Coñeceremos, da man de Xoán Xosé Fernández, quen, como ecónomo diocesano, forma parte dunha comisión integrada por catro laicos que están a traballar arreo por concienciar sobre novas formas de colaborar coa Igrexa.
Para pensar: «O soño de María»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa ou delegación da nosa diocese. Durante este mes de novembro encárgase o equipo da delegación diocesana de Catequese e Catecumenado.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
También che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















