- Seis sacerdotes da diocese serán homenaxeados polos seus aniversarios de ordenación na festividade do patrón do clero secular o vindeiro 11 de maio
A delegación diocesana do Clero encara a recta final do curso pastoral con varias convocatorias dirixidas aos sacerdotes durante o mes de maio, que combinan celebración, formación e encontro.
O luns 11 de maio, ás 10:30 horas, terá lugar en Mondoñedo a celebración da festa de San Xoán de Ávila, patrón do clero secular español. No marco desta xornada serán homenaxeados varios sacerdotes da diocese con motivo dos seus aniversarios de ordenación: Rvdo. Javier Martínez Prieto e Rvdo. José Rey Kochinke (25 anos); Rvdo. Alfonso Blanco Torrado, Rvdo. Alfonso Morado Paz e Rvdo. Antonio Rodríguez Basanta (50 anos); e o Rvdo. Ángel Vigo Blanco (60 anos).
Con motivo desta celebración, durante os días previos publicaranse na web diocesana www.mondonedoferrol.org e nas redes sociais entrevistas con algúns dos sacerdotes homenaxeados.
O martes 19 de maio, tamén ás 10:30 horas no Seminario de Mondoñedo, celebrarase un encontro sacerdotal que contará cun espazo de formación baixo o título “Saber envellecer”, impartido polo irmán de La Salle Antonio Botana. Trátase dunha reflexión especialmente significativa para a realidade actual do clero diocesano.
Para rematar, o xoves 21 de maio, a partir das 11:00 horas, terá lugar en Tui o encontro dos sacerdotes de Galicia, organizado con motivo dos 800 anos da dedicación da catedral. A participación coordinarase por arciprestados, e proximamente facilitarase información máis detallada sobre a organización da viaxe.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















