Falleció el sacerdote diocesano Rvdo. Antonio Pérez Vérez

En la mañana de hoy jueves, 17 de julio de 2025, falleció el sacerdote diocesano Rvdo. Antonio Pérez Vérez, nacido en la parroquia de Santaballa (Vilalba) el 23 de octubre de 1932 y ordenado en Mondoñedo el 6 de abril de 1957. Actualmente estaba jubilado y residía en Vilalba. Entre los años 1991 y 2008 fue párroco de Covas (Viveiro).

El funeral por el eterno descanso de su alma tendrá lugar mañana viernes 18 de julio (salida del tanatorio de Vilalba a las 17:00 horas) en la iglesia parroquial de San Pedro de Santaballa.

Descanse en paz.


Semblanza biográfica

Don Antonio Pérez Vérez naceu en San Pedro de Santaballa (Vilalba) o 23 de outubro de 1932. Realizou o seus estudios de Latín e Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Mondoñedo. Foi ordenado sacerdote o 6 de abril de 1957.

Ó longo do seu ministerio sacerdotal tivo os seguintes cargos pastorais:
· Cura ecónomo de Santo Estevo de Silán (1957).
· Cura ecónomo e logo párroco de Santa María de Mogor-O Barqueiro e encargado de San Pedro de Vares (1960-1991).
· Foi tamén encargado da atención pastoral de Santo Estevo de O Vicedo (1976-1978).
· Foi arcipreste do antigo arciprestado de Sor (1972-1980).
· Finalmente pasou a ser cura párroco de San Xoán de Covas e administrador parroquial de Santa María de Suegos e San Pedro de Mosende (1991-2008).
· Por un tempo foi delegado diocesano de Pastoral do Turismo.
· Estando en Covas fixo o servizo de secretario da Escola Diocesana de Teoloxía con sede en Viveiro.
· Desde setembro de 2008 pasou a xubilado residindo en Vilalba.

De don Antonio hai que destacar o sentido de responsabilidade en todas as tarefas que se lle encomendaron, así como tamén a súa disponibilidade para ir a onde fora necesario. Ultimamente debido a unha enfermidade dexenerativa tivo que ir renunciando progresivamente ó exercicio do ministerio. Gracias ós coidados dos seus irmáns puido ser atendido nestes últimos anos nun ambiente familiar que el tanto apreciaba.

Que o Señor lle teña en conta os seus servizos e padecementos. Descanse na súa paz e participe da vida plena e definitiva con Cristo resucitado.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas