- O alcalde Manuel Ángel Otero e o bispo Fernando García Cadiñanos presidirán o acto o venres 19 de decembro no Salón de Plenos do Concello
Nun acto presidido polo alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero e o bispo da diocese de Mondoñedo–Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, o Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo acollerá o vindeiro venres ,19 de decembro ás 13,00h, á presentación do número 35 da revista Ferrol Análisis.
Ferrol Análisis, a revista de pensamento e cultura que ven editando o Club de Prensa de Ferrol, grazas á colaboración da Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol, dedica no seu número 35, no capítulo “Vieiros de Irmandade“, unha serie de temas relativos á cidade mindoniense e os lazos históricos que se foron tecendo entre Mondoñedo e Ferrol no XX aniversario do seu irmanamento. Un aspecto que destaca a historiadora e directora da revista, Esperanza Piñeiro de San Miguel.
Tamén se recollen diversos e rigorosos estudos, entre os que se poden citar o relativo á “Formación e rehabilitación da Cidade de Mondoñedo e os seus barrios históricos (San Lázaro e os Muíños)“, que analiza a arquitecta Marta Candocia Acción; ou o dedicado a “Os cantores do Nadal en Mondoñedo”, do que é autor, Félix Villares Mouteira, deán da catedral mindoniense; ou o relativo ás singularidades do “Museo de la Catedral de Mondoñedo: custodios de una belleza sacra sin igual“, de Blanca Ruiz.
No acto participarán ademais do alcalde mindoniense e o bispo de Mondoñedo-Ferrol, a presidenta do Club de Prensa, Julia Díaz; a directora da revista, Esperanza Piñeiro de San Miguel; a arquitecta Marta Candocia; e o deán da Catedral, Félix Villares. A entrada ao acto é aberto ao público completar aforo.
Fuente: Club de Prensa Ferrol








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















