O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto co bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, e o director artístico do Coro Diapasón, Juan Brage, presentou o 3º Ciclo Coral de Música Sacra que se celebrará na concatedral de San Xiao os días 17, 23 e 30 de marzo, coincidindo coa Semana Santa.
A cita reunirá a agrupacións procedentes de diversos puntos da xeografía española e portuguesa entre as que se atopan o Coro Diapasón de Ferrol, organizador do ciclo. Deste xeito, o domingo 17 actuarán a Coral Lasalle, de Santiago, e Concerto Tempo de Ferrol; o sábado 23 fará o propio Los Sabandeños, de Tenerife; e pecharán o ciclo o sábado 30 a Coral de Letras Universidade de Oporto e Coro Diapasón.
O alcalde lembrou que “a música segue moi presente nas celebracións relixiosas e é un método máis de expresión, que permite crear vínculos coas diversas motivacións do ser humano, que son as que nos permiten avanzar”. Neste contexto, puxo de manifesto a importancia de dar continuidade a eventos coma este, que supoñen “o complemento perfecto para a nosa Semana Santa, para a que xa se prepara toda a cidadanía”. “Como todos sabemos, a Semana Santa é tamén un deses grandes momentos nos que a música ten un papel protagonista para sentir a paixón”, engadiu, afirmando que “este ciclo será un motivo máis de atracción de visitantes a Ferrol, que poderán gozar do gran valor histórico, artístico e espiritual que se respirará nesas datas na cidade”. O rexedor agradeceu ao Coro Diapasón o seu labor na organización deste ciclo, así como á diocese de Mondoñedo-Ferrol pola súa colaboración.
Pola súa banda, o bispo da diocese puxo en valor o carácter internacional da cita, que representa una cita cultural que, xunto aos cultos “é unha maneira de potenciar e entrar na Semana Santa, con música que eleva os nosos espíritos, fainos reposar e saír da voraxen dos días”, afirmou. Así mesmo, trasladou a súa felicitación ao Coro Diapasón pola organización do ciclo e ao Concello polo seu respaldo ao mesmo.
Brage aproveitou a rolda de prensa para avanzar que o Coro Diapasón estreará durante a súa actuación unha obra da súa autoría, e enxalzou a calidade das agrupacións que participarán nesta terceira edición.
Fonte: Concello de Ferrol









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















