«Fráxiles… máis con esperanza»: Encontro do clero de Galicia en Poio

  • O mosteiro de Poio acollerá o encontro anual de formación e convivencia organizada polas delegacións do Clero de Galicia

O mosteiro de San Xoán de Poio (Pontevedra) acollerá do 9 ao 11 de setembro o Encontro Sacerdotal de Galicia, organizado polas vigairías e delegacións do Clero de Galicia baixo o lema «Fráxiles… máis con esperanza».

A cita reunirá a sacerdotes das cinco dioceses galegas nunhas xornadas de formación permanente, oración e convivencia. O programa, inspirado na afirmación de san Paulo «A esperanza non defrauda» (Rm 5,5), propón profundar na identidade, a fidelidade e a misión do presbítero desde unha perspectiva espiritual e pastoral.


Formación e acompañamento

As xornadas contarán coa participación de diversos relatores vinculados á formación sacerdotal e á vida pastoral. Entre eles atópase Emilio Lavaniegos, operario diocesano e director da Residencia Mosén Sol, de Castellón, onde se ofrece acompañamento integral a sacerdotes. A súa intervención abordará cuestións relacionadas coa experiencia sacerdotal, os trazos da propia fidelidade e os camiños de santificación. A sesión completarase cunha dinámica de grupos destinada a compartir experiencias de vida e traballo pastoral.

Tamén participará Gaspar Hernández, profesor da Universidade Pontificia de Salamanca, que centrará as súas achegas na formación permanente como un estilo de vida propio do presbítero. Así mesmo, reflexionará sobre a necesidade de construír unha cultura formativa na que os sacerdotes poidan crecer «sempre, totalmente e xuntos».

O encontro concluirá coa intervención do cardeal Francisco Javier Bustillo Rípodas, bispo de Córcega e natural de Pamplona, quen ofrecerá dúas meditacións sobre o sacerdote como home de Dios e como home chamado a amar e servir.


Oración, convivencia e fraternidade

Alén dos relatorios e os espazos de diálogo, o programa inclúe momentos de oración comunitaria, a celebración diaria da eucaristía, o rezo de laudes e vésperas, así como tempos de descanso e convivencia.

Os participantes terán tamén a oportunidade de realizar unha excursión a San Benitiño de Lérez e de compartir unha velada fraterna con produtos da terra. Deste xeito, o encontro busca integrar a formación intelectual e espiritual co acompañamento mutuo e o fortalecemento dos vínculos entre os presbíteros de Galicia.

A proposta sitúase na liña da invitación do papa León XIV a coidar a fraternidade sacerdotal. Na súa mensaxe con motivo da Xornada da Santificación Sacerdotal 2026, o pontífice lembra que a santidade non se vive de forma illada, senón nunha relación con Dios que achega aos sacerdotes ás persoas e faios capaces de escoita, compaixón e proximidade. «O sacerdote que se illa, lentamente se apaga; o sacerdote que camiña cos irmáns crece», afirma o papa no texto recolleito no material do encontro. A cita de Poio pretende ser, precisamente, un espazo para camiñar xuntos, compartir as dificultades do ministerio e renovar a esperanza na misión recibida.

DESGARGA: Cartel e dossier informativo (PDF)

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas