O pasado mes de maio anunciábase a constitución dunha comisión para poñer en marcha o Seminario Maior Interdiocesano (S.M.I.) constituído polas dioceses de Santiago de Compostela, Mondoñedo-Ferrol e Tui-Vigo. Pola súa banda, o dicasterio para o Clero aprobou no mes de agosto a erección e os estatutos do S.M.I. ‘Apóstolo Santiago’. O que era un desexo estase a converter nunha realidade.
Agora, a piques de comezar outubro, a cidade compostelá acollerá os actos oficiais co gallo da inauguración do curso académico 2024-25 no novo Seminario. Será o vindeiro luns 30 ás 12:00 horas, coa celebración dunha eucaristía na catedral de Santiago. Nela, os bispos das tres dioceses que o integran, pedirán que «o Seminario poida acoller, acompañar, discernir e axudar a formar nos seminaristas un corazón como o de Xesús Servo e Bo Pastor para servizo da nosa Igrexa en Galicia».
Pola súa banda, o acto académico de apertura de curso terá lugar na aula Magna do Instituto Teolóxico Compostelán ás 19:00 horas, coas seguintes intervencións: Roberto Martínez Díaz, secretario xeral; Anxo Carniceiro Carrera (ITC), coa lección inaugural “Homo capax Dei, homo capax communionis. A fe cristiá como existencia eclesial”; José Antonio Castro Lodeiro, director do ITC; frei Miguel da Mata Merayo, director do ISCCR; monseñor Francisco José Prieto González, arcebispo de Santiago de Compostela e moderador da Xunta Patronal do ITC, tras a cal declarará inaugurado o novo curso.
En representación da diocese de Mondoñedo-Ferrol estarán o seu bispo, monseñor Fernando García Cadiñanos; Juan Basoa Rodríguez, reitor do Seminario de Mondoñedo e formador do equipo do Seminario Maior Interdiocesano; así como os sete seminaristas, Raúl, Ismael, Gonzalo, Andrés, Renny, Sebastián e Darío, quenes estarán acompañados por varios sacerdotes nesta xornada tan especial para eles e as súas familias.
Tamén che pode interesar
Los seminaristas de nuestra diócesis comienzan el nuevo curso
As dioceses de Santiago, Tui-Vigo e Mondoñedo-Ferrol poñen en marcha un Seminario Maior Interdiocesano








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















