- A Igrexa diocesana súmase ao Foro Cidadán polo Ferrocarril e apoia unha infraestrutura ferroviaria que vertebre o territorio e fomente o ben común
- Inspirada polos informes FOESSA, a diocese subliña que a falta de infraestruturas de transporte contribúe ao illamento e a exclusión social
A diocese de Mondoñedo-Ferrol únese ás demandas do Foro Cidadán polo Ferrocarril recentemente creado en Ferrol. Como é sabido, esta plataforma, que suscitou unha gran mobilización cidadá, pretende un tren público e sostible que axude a sacar ás comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal da situación de abandono que ten que ver co ferrocarril.
Desde a diocese considérase que se trata dunha «reivindicación totalmente xusta que axuda ao desenvolvemento da comarca e que, no relativo ao tren da costa ata Ribadeo, axuda a vertebrar moito mellor o territorio diocesano«.
Igualmente, alégrase de que «a declaración institucional no Parlamento Galego suscitase a unanimidade de todos os grupos políticos, que nos axuda a volver percibir a política no seu sentido máis pleno de procura do ben común«.
Desde a diocese, e acollendo os informes FOESSA que nos axudan a acoller a realidade, «sabemos que a falta de infraestruturas e dun transporte público de calidade é un factor de illamento, exclusión e, en última instancia, un factor que contribúe ao despoboamento».
Por último, «faise un chamamento aos representantes políticos para que acollan o clamor da cidadanía e, desde o diálogo e o encontro, poñer todos os instrumentos e medios para contribuír á solución dos problemas e xerar esperanza en toda esta comarca tan necesitada».
Encontro co bispo diocesano en Ferrol
Dous representantes do Foro Cidadán polo Ferrocarril, Esperanza Piñeiro e Julia Díaz, foron recibidas na Domus Ecclesiae de Ferrol polo bispo diocesano, monseñor García Cadiñanos, quen coñeceu de primeira man as súas reivindicacións e propostas. Don Fernando, no nome da diocese, mostrou o seu apoio á iniciativa, sumándose ao respaldo que xa ofreceron distintas asociacións veciñais, culturais, educativas, deportivas e ecoloxistas, así como entidades económicas do sector empresarial, comercial e hostaleiro.
Esta reunión enmárcase dentro de encontros que o Foro Cidadán polo Ferrocarril veu mantendo nos días previos á mobilización, o vindeiro domingo 30 de novembro, co fin de reforzar a demanda social por un transporte ferroviario de calidade na comarca.









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















