A delegación diocesana de Pastoral da Saúde e Maiores, coa participación indispensable do seu equipo de voluntariado, inf´romanos sobre a convocatoria de dúas eucaristías de Nadal, que van celebrarse a vindeira semana en Burela e Ferrol respectivamente.

O luns 19, ás 17:00 horas, o bispo Fernando García Cadiñanos presidirá na capela do Hospital Público da Mariña, en Burela, a primeira celebración. O martes 20, tamén ás 17:00 horas, será na capela do Hospital Naval de Ferrol, nunha eucaristía presidida polo bispo e cantada pola Coral da Área Sanitaria de Ferrol.

Os servizos relixiosos dos dous centros de saúde invítannos a participar, desexándonos un moi feliz Nadal.