Celebrar a festa da Virxe do Carme é agradecerlle a Deus o ter á Virxe María como patroa, nai e intercesora nas nosas vidas.
A devoción á Virxe do Carme ten unha longa historia e representa variados matices que val a pena recordar neste seu día:
– A orixes desta historia comeza xa no Antigo Testamento, concretamente no século IX antes de Cristo, cando o profeta Elías, precisamente por fiel ó Deus de Israel fronte ós ídolos pagáns, era perseguido e se refuxia no monte Carmelo. De aí a referencia na oración de inicio da eucaristía deste día, cando lle pedimos á Virxe María que “nos axude e nos faga chegar a Cristo, monte de salvación”.
– Nos séculos XII e XIII nace e se vai consolidando en torno ó monte Carmelo, a Orde dos Carmelitas. Unha orde contemplativa masculina e feminina, con grandes santos, que invoca á Virxe María como “estrela de salvación” e que vai difundindo por toda a cristiandade a devoción ó seu escapulario.
– Xa entre nós, e desde fai séculos, a Virxe do Carme é asociada á xente do mar. Non hai pobo da costa que non venere á Virxe do Carme e non a teña como patroa e intercesora: cantos momentos de angustia e incerteza se viven tanto no mar como en terra! Cantas veces os pescadores, mariñeiros e os marinos invocaron e seguen invocando á Virxe do Carme cando se ven en apuros! Cantas veces tamén esta invocación foi escoitada e atendida pola Nai de aquel, Xesús, a “quen ata o vento e mar lle obedecen”!
Neste “Día das xentes do Mar” a Igrexa dinos que “a xente do mar reclama a nosa atención”: atención ós seus problemas e dereitos, non sempre atendidos e respectados; atención ós emigrantes e refuxiados que arriscan as súas vidas fuxindo da miseria, da explotación e da violencia, moitos deles afogados no mar; atención ó mesmo medio mariño como ámbito natural e recurso biolóxico e tamén turístico que temos que coidar entre todos e do que depende o futuro do noso planeta.
Quixera rematar con esta sinxela oración á Virxe do Carme:
"Tengo mil dificultades: ayúdame.
De los enemigos del alma: sálvame.
En mis desaciertos: ilumíname.
En mis dudas y penas: confórtame.
En mis enfermedades: fortaléceme.
Cuando me desprecien: anímame.
En las tentaciones: defiéndeme.
En horas difíciles: consuélame.
Con tu corazón maternal: ámame.
Con tu inmenso poder: protégeme.
Y en tus brazos al expirar: recíbeme.
Virgen del Carmen, ruega por nosotros.
Amén"
«Non hai pobo da costa que non venere á Virxe do Carme e non a teña como patroa e intercesora: cantos momentos de angustia e incerteza se viven tanto no mar como en terra!»







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















