O acompañamento espiritual na enfermidade mental, eixo das XXVI Xornadas de Capeláns

  • A Casa de Exercicios de Santiago acollerá o 26 de xaneiro este encontro formativo da Pastoral da Saúde de Galicia

A Pastoral da Saúde de Galicia celebrará o vindeiro luns 26 de xaneiro de 2026 as XXVI Xornadas de Capeláns de Hospital e Centros Sociosanitarios de Galicia, un encontro formativo e pastoral que terá lugar na Casa de Exercicios de Santiago de Compostela.

Nesta edición, a xornada desenvolverase baixo o lema “O reto do acompañamento espiritual á persoa con enfermidade mental”, co obxectivo de profundar na atención integral e o acompañamento espiritual das persoas que sofren problemas de saúde mental, así como das súas familias e do persoal sanitario que as atensde.

A sesión comezará ás 10:00 horas e concluirá cun xantar compartido. O programa contará coa intervención de Cristina Pou Matarranz, psiquiatra e xefa do Servizo de Saúde Mental do Parc Sanitari Sant Joan de Déu (Barcelona), quen ofrecerá unha reflexión desde a súa experiencia clínica e humana sobre os desafíos actuais neste ámbito.

A xornada está dirixida a capeláns de hospital e de centros sociosanitarios, así como a outras persoas vinculadas á pastoral da saúde. Para participar, é necesario realizar a inscrición a través do delegado de Pastoral da Saúde de cada diocese, antes do 22 de xaneiro.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas