O alcalde de Ribadeo presentará a ofrenda ante a Virxe dos Remedios

  • A cerimonia terá lugar o domingo 14 de setembro ás 12:00 horas
  • Do 5 ao 13 de setembro celébrase a novena á Virxe dos Remedios

A cidade de Mondoñedo prepárase para celebrar a festa na honra da patroa da cidade e da nosa diocese, Nosa Señora dos Remedios, que se levarán a cabo do 12 ao 15 deste mes de setembro.

Nesta ocasión será o alcalde do Concello de Ribadeo, Daniel Vega, o encargado de facer a ofrenda á Virxe na eucaristía solemne do domingo 14 de setembro ás 12:00 horas. A cerimonia estará presidida polo bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos, quen, coa súa homilía, dará resposta á ofrenda por parte dos antigos partidos xudiciais no territorio diocesano (Mondoñedo, Ferrol, Ortigueira, Viveiro, Vilalba e Ribadeo). A Coral Polifónica de Ribadeo encargarase do apartado musical. A continuación desenvolverase a procesión coa imaxe da Virxe polo itinerario de costume.

Do venres 5 ao sábado 13 celebrare tamén a novena da Santísima Virxe dos Remedios, con seguintes horarios e predicadores: 09:00 e 19:30 horas / Sacerdotes Rvdo. Gonzalo Varela, Rvdo. José Boullosa, Rvdo. Benito Méndez e Rvdo. Ramón Otero.

Doutra banda, tamén incluida na programación deste ano, o venres 12 (18:00 horas), terá lugar no Seminario Santa Catalina a presentación oficial do novo volumen do anuario diocesano «Estudios Mindonienses», con dúas conferencias dos investigadores Xaquín Campo e Sergio Freire.


Misa de Confrades e XVIII Xornadas do Peregrino

As festas rematarán o luns 15 de setembro, Luns dos Remedios e festivo local, coa Misa de Confrades ás 12:30 horas no santuario e cantada polo Coro Mindoniense. Ás 17:00 horas desenvolverase os actos das XVIII Xornadas do Peregrino «Abrindo camiño», cuxo programa incorpora unha romaría, degustación de produtos locais, a actuación do grupo de música e baile tradicional «O Arco da Vella» (San Miguel de Reinante), a inauguración da Rúa Andrea López Chao, o concerto da Escola Municipal O Pallarego, unha conferencia e a estrea do documental «Andrea Lópe Chao, o legado dunha mestra galega en Cuba».

DESCARGA: Programa oficial Os Remedios 2025

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas