A piques de rematar o verán, comezan a chegar as primeiras convocatorias para a posta en marcha dun novo curso pastoral, o 2024-2025. A primeira data salientable no calendario da Igrexa galega volve ser a celebración dunha nova edición das Xornadas Sacerdotais do Clero de Galicia, que como cada ano, e neste cumpriranse trinta, teñen lugar no mosteiro mercedario de Poio. Baixo o lema «Sacerdote orante, fonte de comuñón», reunirá neste cenobio pontevedrés a centos de sacerdotes chegados das cinco dioceses de Galicia durante os días 15, 16, 17 e 18 deste mes de setembro. A cita está organizada conxuntamente polas delegacións do Clero das cinco dioceses galegas.
O programa oficial é o seguinte:
Domingo 15
21:00 h. Acollida. Cea.
Luns 16
10:00 h. Acollida e reparto da documentación.
11:00 h. Oración e presentación.
11:15 h. Relatorio «A oración de Xesús, modelo de oración dos discípulos misioneiros», por Ángel Moreno Sancho, sacerdote e escritor.
12:15 h. Descanso.
12:45 h. Relatorio «A Igrexa, construtora do ben común», por Ángel Moreno Sancho, sacerdote e escritor.
14:00 h. Xantar e descanso.
16:30 h. Relatorio «Claves de comunicación persuasiva», por Arturo Gómez Quijano, catedrático da facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense.
17:30 h. Descanso.
18:00 h. Relatorio «Comunicando o evanxeo», por Arturo Gómez Quijano, catedrático da facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense.
19:00 h. Descanso.
19:30 g. Véspera-Eucaristía.
21:00 h. Cea.
22:00 h. Momento de tertulia e compartir.
Martes 17
08:30 h. Laudes-Eucaristía.
09:30 h. Almorzo.
10:30 h. Lectio Divina, dirixido polas MM. Cistercienses do mosteiro de Armenteira.
11:30 h. Descanso.
12:00 h. Obradoiro «Sobre a Lectio Divina», dirixido polas MM. Cistercienses do mosteiro de Armenteira.
14:00 h. Xantar.
16:30 h. Excursión a Cambados.
19:00 h. Vésperas en Armenteira.
21:00 h. Cea (opcional).
Mércores 18
08:30 h. Laudes-Eucaristía.
09:30 h. Almorzo.
10:30 h. Relatorio «Ministerio orante: a oración na vida do sacerdote», por Florentino Pérez Vaquero, director do Secretariado da Subcomisión episcopal de Seminarios da CEE.
11:30 h. Descanso.
12:00 h. Relatorio «A liturxia das horas», por Florentino Pérez Vaquero, director do Secretariado da Subcomisión episcopal de Seminarios da CEE.
13:00 h. Comunicacións: «Sínodo dos Bispos», por Antonio Rodríguez Basanta, delegado do Clero da diocese de Mondoñedo-Ferrol. «Xubileo 2025», por Santiago Romero, delegado para o Xubileo da arquidiocese de Santiago de Compostela.
14:00 h. Xantar e despedida.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















